Saltar ao contido

Conversa:Idade de Bronce atlántico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Idade de Bronce atlántica»)

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Idade de Bronce atlántica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de maio de 2019 ás 04:18 (UTC)[responder]

Títulos

[editar a fonte]

@Breogan2008 Estou traballando no modelo de historia de Galicia e vexo que hai varios títulos un pouco raros que me gustaría cambiar:

  • Idade do bronce atlántico: paréceme o máis correcto porque é nome do "obxecto" común entre as culturas arqueolóxicas, o bronce atlántico, como no caso de: cultura castrexa - castro. Non necesariamente ten que coincidir coa Idade de Bronce, precisamente no caso castrexo, que seguía mostrando na "Idade de Ferro" características da Idade do bronce atlántico, quizais o máis correcto sería incluso Cultura ou Complexo cultural do bronce atlántico. Polo que vexo a túa referencia é a Idade de Bronce.
  • Aproveito para consultar contigo os seguinte casos que me estou atopando no modelo de Historia de Galicia. Hai algúns títulos que usan Prehistoria EN Galicia, Idade de Bronce EN Galicia e outros Idade Antiga DE Galicia ou Galicia NA Idade Moderna, a miña idea é unificar a nomenclatura, quizais todos Idade Moderna en Galicia, Idade Contemporánea en Galicia, etc Sei que é traballo porque tamén tería que cambiar as categorías pero estou disposto. Tamén inclúo A Galicia feudal quizais por Feudalismo en Galicia ou simplemente Idade Media en Galicia e fusionar con Galicia altomedieval. Gustariame darlle unha volta aos artigos de Idades en Galicia, en xeral un pouco descuidados ou que faltan.

O Breixo (conversa) 29 de xuño de 2024 ás 16:03 (UTC)[responder]

Boas @O Breixo, mudei o título baseándome na referencia de Idade de Bronce. Agora teño dúbidas sobre a maneira de poñelo. Déixoo ao teu bo tino. Respecto do segundo punto. O de poñer EN ten que ver coa idea de que non era correcto poñer DE Galicia se o artigo trata da prehistoria porque Galicia como concepto non existía na prehistoria e era anacrónico poñer Prehistoria de Galicia. Para unificar debería ser todo EN, coido eu. Como o ves ti? Breogan2008 (conversa) 29 de xuño de 2024 ás 17:44 (UTC)[responder]
@Breogan2008 Perfecto! Comezo en canto poida! Saúdos, O Breixo (conversa) 29 de xuño de 2024 ás 17:53 (UTC)[responder]