Conversa:Hipocrisía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un apuntamento[editar a fonte]

"unha persoa hipócrita é aquela que pretende que se vexa a grandeza e bondade que constrúe con aparencias sobre si mesma, mostrándose como exemplo e pretendendo ou pedindo que se actúe da mesma forma, ademais de que se valoren as súas accións, aínda que os seus fins e logros estean afastados da realidade".

Penso que ese anaco non é de todo acertado, xa que podería ser trocado polo antónimo "unha persoa hipócrita é aquela que pretende que se vexa a cativeza e maldade que constrúe con aparencias sobre si mesma, mostrándose como exemplo e pretendendo ou pedindo que se actúe da mesma forma, ademais de que se valoren as súas accións, aínda que os seus fins e logros estean afastados da realidade", e seguiría a ser unha definición axeitada de hipocrisía. Oliveira (conversa)

Mételle o dente con liberdade. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 2 de maio de 2018 ás 16:23 (UTC)[responder]