Conversa:Hibridación in situ fluorescente

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nome desta técnica procede do inglés FISH, Fluorescence in situ hybridization. Como ocorre con tantos outros termos non se utiliza unha tradución unificada para el. Facendo as seguintes procuras no Google Académico (en castelán), para que me servisen de guía, onde se recompilan os artigos científicos, atopei o seguinte:

  • Para "Hibridación in situ fluorescente" - 711 artigos
  • Para "Hibridación fluorescente in situ" - 430 artigos
  • Para "Hibridación in situ con fluorescencia" - 367 artigos
  • Para "Hibridación in situ de fluorescencia" - 34 artigos
  • Para "Hibridación con fluorescencia in situ" - 36 artigos
  • Para "Hibridación de fluorescencia in situ" - 11 artigos.

Finalmente, a forma que se utilizou aquí foi "hibridación in situ fluorescente" porque é a maioritaria e porque leva in situ primeiro que creo que é mellor, xa que é unha técnica de hibridación in situ (no propio punto do cromosoma) dun tipo específico (o que utiliza sondas fluorescentes, xa que teoricamente podían ser, por exemplo, radioactivas). De todos modos o termo inglés usa fluorescence (o substantivo, non o adxectivo), polo que "con" ou "de" fluorescencia non sería rexeitable. Poñerei tamén redireccións para a segunda e terceira formas máis frecuentes.--Miguelferig (conversa) 1 de maio de 2015 ás 20:05 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Hibridación in situ fluorescente. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 08:06 (UTC)[responder]