Conversa:Hans Küng

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teño unha dúbida, ata onde eu sei as obras de Hans Küng non están traducidas ao galego. Se escribo a relación das mesmas, escribo os títulos no idioma orixinal (alemán), fago unha tradución propia ao galego, ou fago as dúas cousas? --Paradanta (Cóntame) 20:43, 31 de agosto de 2010 (UTC)

A norma é indicar os títulos no idioma orixinal e poñer en galego aqueles para os que haxa tradución. Alén diso non é mala idea indicar dalgún xeito o significado dos títulos que sexan especialmente escuros para o lector. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:47, 31 de agosto de 2010 (UTC)