Conversa:Híbrido (lingüística)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Villalpando[editar a fonte]

Non son lingüista, pero penso que non é un bo exemplo para a Galipedia Villalpando (provincia de Zamora). A razón é que villa en galego se di vila. Ademais hai exemplos galegos con vila (Vilagarcía e moitos máis, pero hai que procurar un que sexa híbrido). Deberíase cambiar ese exemplo por outro.

Ademais cambiei bioluminiscencia por bioluminescencia (luminescencia é a única forma admitida no VOLG), e "eu aflúio" por "eu aflúo", xa que os verbos en -uír nunca teñen i (en castelán si, quero dicir, teñen y). Por último, un que entenda máis ca min debería comprobar se a "liposución" que aparece no artigo non debería ser liposucción, xa que creo que é unha das excepcións que mantén o cc, e no VOLG succión vén con cc (en portugués tamén o mantén, sucção, a non ser que o cambiaran por mor do novo acordo ortográfico con Brasil).--Miguelferig (conversa) 16:32, 25 de xuño de 2012 (UTC)