Conversa:Gran colisor de hadróns

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cuestións idiomáticas[editar a fonte]

"Foron inxectados", non tería que poñerse como "inxectáronse" ou semellante?

--Forza4 00:29, 10 setembro 2008 (UTC)

  • Creo que a tradución debera ser Gran colisor de hadróns, colisionar é un castelanismo por colidir. De todos xeitos se alguén ten dicionario a man sería bo resolver a dúbida. --Alberte (Si, dígame?) 14:41, 10 setembro 2008 (UTC)
    • O dicionario da RAG non trae nin colisionar nin colidir nin colisor nin colisionador. No dicionario Ir Indo trae colidir (as outras formas non as trae) polo que creo que o que di Alberte é correcto.--Arco de Rayne 16:08, 10 setembro 2008 (UTC)
Non sei que dicir... Como xa dixestes, só vén "colidir"..., e nada máis! Eu non vou ser de axuda desta vez. --Toliño Fala aquí comigo 19:11, 15 setembro 2008 (UTC)
  • Despacio, que o VOLGa si que recolle "colisión", pero non "colisionar" nin, por conseguinte, "colisionador". Pero é que tal neoloxismo non está nin no DRAE. Pedro --Lameiro (conversa) 19:21, 15 setembro 2008 (UTC)
  • Pois si, existe "colisión", pero como demo se lle chama ao "aparello" (por dicilo dalgún modo) que fai que se produza esa colisión? Quizais non exista un nome coa mesma raíz e, ao mellor, teña unha denominación moi diferente (unha palabra que pareza que non teña nada que ver). Non sei... --Toliño Fala aquí comigo 19:29, 15 setembro 2008 (UTC)
  • En que quedamos entón? Mantemos o nome actual ou alguén sabe o título que debería ter? --Toliño Fala aquí comigo 16:59, 7 outubro 2008 (UTC)
Vou preguntar nos foros de Un idioma preciso a ver que me din. --Alberte Si, dígame? 18:42, 13 outubro 2008 (UTC)
Xa obtiven resposta, podédela ler aquí. Movemos entón a Gran colisor de hadróns? --Alberte Si, dígame? 21:45, 17 outubro 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Gran colisor de hadróns. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 19:13 (UTC)[responder]