Conversa:Gestapo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Unha dúbida; maila ser un acrónimo, en galego o termo non se escribiría Xestapo, que é unha transcripción fonética máis axustada e respetuosa coa normativa do galego? --Iago 16:50, 22 setembro 2008 (UTC)

  • Eu sempre o teño escoitado pronunciado /guestapo/ e non xestapo. --Alberte (Si, dígame?) 18:54, 22 setembro 2008 (UTC)

Agora que me lembro, teño un amigo que sabe alemán. Voulle preguntar cómo se pronuncia. Saúdos.--Iago 18:59, 22 setembro 2008 (UTC)

No dicionario da RAG non se atopa a policia politica do estado nazi. No dicionario da Enciclopedia Galega atpase Gestapo. Semella que a lingua galega non lle deu transcripción fonética para integrala no Vocabulario ortográfico da lingua galega. ElviraConversa comigo 19:53, 22 setembro 2008 (UTC)

É coma di Alberte. Consultei cun amigo filólogo que fala alemán e esta foi a resposta que me dou:

O termo Gestapo (...) é un acrónimo formado desde o sintagma alemán “Geheime Staatspolizei” (Policía secreta do Estado). No adxectivo alemán, na súa forma feminina singular, “Geheime” (secreta), a primeira sílaba é pronunciada como unha oclusiva velar, /gue/ para que nos entendamos, como en “guerra”.

Segundo me explicou, a forma máis atinada de escribila en galego sería Guestapo, pois estaríamos a respetar a pronunciación alemana. Se escribimos Gestapo é posible que a xente caia no mesmo erro ca min e pense que a forma galega sería Xestapo, isto é, a partires da forma castelán.

Vou a deixar o termo coma está, pero aclarar entre paréntese cal é a forma de pronuncialo en galego. Saúdos. --Iago 15:40, 24 setembro 2008 (UTC)

Eu tamén concordo con Alberte que se pronuncia /guestapo/, e logo penso que na escrita é gestapo, por iso está mui ben de pór a pronuncia en galego e deixar o titúlo de artigo como esta. Sempre é dificil en calquer lingua de saber pronunciar as palabras para as quales gardouse a ortografía estranxeira, por exemplo William Shakespeare, tamén a xente pode pensar que hai outre forma en galego, poís eu sei que se escribe William Shakespeare, pero non sei como se pronuncia en galego. ElviraConversa comigo 16:47, 24 setembro 2008 (UTC)