Conversa:Forges

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ortografía[editar a fonte]

Esta frase do artigo "as vellas que conxugan informática e paletez; os oficinistas cabreados; o matrimonio sepultado nunha cama inmensa o yuppi americanizado e idiota; o niñato "pijo" e imbécil; o alienado polo fútbol, o oficinista cabreado e subversivo, o descolgado que pecha bares, o pretensor de portela (en castelán "pretensor de ventanilla", que é un pretensor?), o enclaustrado no búnker etc..." ten varios erros ortográficos que non sei como amañar, como *paletez, *niñato, *descolgado, *pretensor de portela. Estevoaei ou Atobar, poderíades darlle un repaso? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 13:55 (UTC)[responder]

Si, está cheo de erros (paletez, cabreados, niñato, pijo...), pero eu creo que amais está o feito de que aí, ton enciclopédico, pouco. Cómpre explicar as cousas dun modo máis xeral. Antes de traducilo, cumpriría reformular as frases do artigo e peneirar o gran da palla. --Atobar (conversa comigo) 22 de febreiro de 2018 ás 16:07 (UTC)[responder]