Conversa:Esterano

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non sería mellor poñer de título "Esterano"? A palabra "ciclopentanoerhidrofenantreno" non di nada a quen non é químico/a. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Alytes (conversacontribucións) o 14 de agosto de 2010‎ ás 13:09

  • Concordo. --Toliño Fala aquí comigo 12:20, 14 de agosto de 2010 (UTC)
  • Concordo pero para o usuario normal da Galipedia di o mesmo -é dicir, nada- esterano que ciclopentano... O caso é que é máis lóxico usar formas máis asequibles e pronunciables. Pedro --Lameiro (conversa) 14:26, 14 de agosto de 2010 (UTC)
  • Concordo Movo logo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:40, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Modificacións[editar a fonte]

  • Cambiei o de "é precursor do colesterol" por "presenta a mesma estrutura química básica ca os esteroides, por exemplo o colesterol". Cambieino porque esas substancias son da mesma familia química (por teren as súas moléculas a mesma estrutura), pero non derivan do esterano na súa ruta metabólica de biosíntese. O colesterol sintetízase a partir de derivados do isopreno en varios pasos, fórmase escualeno (terpeno liñal) e despois lanosterol (primeira molécula ciclada con estrutura similar á do esterano, pero non igual), e despois este orixina o colesterol. Por tanto, en ningún momento se forma esterano na ruta de biosíntese do colesterol. De feito, os esteranos que se atopan no petróleo derivan eles dos esteroides de antigos organismos cuxos restos deron lugar ao petróleo. De todos os xeitos, non é o mesmo "esterano", que é simplemente o ciclopentanoperhidrofenantreno, ca "os esteranos", que son un grupo de substancias químicas de estrutura básica parecida orixinadas pola degradación de esteroides.

O mesmo pasa cando se di que as bases nitroxenadas púricas e pirimidínicas "derivan" da purina e pirimidina respectivamente.

Por outra parte, cambiei as categorías incluíndo hidrocarburos, que é o que é o esterano, un hidrocarburo cíclico complexo formado só por C e H. Cambiei a categoría esterois por esteroides, xa que esterol é un subgrupo dentro de esteroides e penso que é máis lóxico poñer a categoría máis ampla (que a incluímos porque o esterano ten o mesmo esqueleto ca os esteroides).Miguelferig 18:51, 12 de novembro de 2011 (UTC)