Conversa:Estación de Vigo-Urzaiz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Estación de Vigo-Urzáiz»)
Ángel Urzáiz dálle nome á Rúa Urzáiz (e a estación).

Puxen o guión sen espazos e Urzáiz con acento (así aparece sempre na propia páxina web de Adif ([1]) --. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2015 ás 07:33 (UTC)[responder]

Mudei o nome o artigo pois semella que a gralla na páxina que achegas xa foi corrixida (Páxina de Adif). Tampouco hai acento gráfico nos letreiros da propia estación.--Ogaiago (conversa) 29 de marzo de 2021 ás 19:35 (UTC)[responder]

Primeira estación[editar a fonte]

Polo que di o artigo a primeira estación é un BIC, pero o que se entende do seguinte apartado é que esa estación foi desmantelada e gardadas as súas pedras nun almacén de Adif. É isto correcto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2015 ás 10:10 (UTC)[responder]

Correcto. --. HombreDHojalata.conversa 21 de setembro de 2015 ás 19:24 (UTC)[responder]
Grazas por confirmarmo, vaia desperdicio ter un BIC nun almacén... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2015 ás 23:49 (UTC)[responder]


Estación de Vigo vs. Estación de Vigo-Urzáiz[editar a fonte]

Pese a se atopar no mesmo soar opino que deberían estar en artigos separados. A histórica estación de Vigo, tamén coñecida como Vigo-Viaxeiros ou Vigo-Local era unha das cabeceiras da antiga liña Monforte-Vigo, hoxe Monforte-Bifurcación de Chapela. Vigo-Urzáiz nada ten que ver con esa liña, senón que é (provisionalmente) cabeceira dunha nova liña denominada Eixo Atlántico, e está a distinta cota.

A heredeira dos servizos da antiga estación de Vigo é Vigo-Guixar, que segue a recibir os trens procedentes da liña Monforte-Vigo, que absorbe, de vez, os procedentes das liñas Santiago-Redondela, Guillarei-Fronteira Portuguesa, León-Coruña (en Monforte) e Zamora-Coruña (en Ourense). Tan só os servizos directos e semidirectos procedentes da Coruña foron desviados a Vigo-Urzáiz cando esta abriu grazas a unha nova liña.

Apertas! --WiKorunna (conversa) 20 de xaneiro de 2018 ás 16:28 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Estación de Vigo-Urzáiz. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 10:22 (UTC)[responder]