Conversa:Eleccións xerais de España de 1907

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Francisco Ferrer non foi rei ou papa para que haxa necesidade de traducir o seu nome... Ademais na súa lápida (que penso que pode ser unha referencia fiable) o seu nome aparece como Francisco e non Francesc. --AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 17:54 (UTC)[responder]

Este comentario é extensible para o artigo Francesc Ferrer i Guàrdia--AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 17:54 (UTC)[responder]
O caso está en que non utilizamos a forma orixinal en moitísimos casos, así non dicimos William Shakspeare ou Shakspere, como asinaba Shakespeare, utilizamos a forma que se emprega no espazo cultural, no caso que sexa de alfabeto latino, orixinario do personaxe, e aí está o problema coas personalidades catalás por exemplo, no seu tempo legalmente non podían levar o nome en catalán (aínda que frecuentemente utilizaban socialmente/popularmente a súa forma catalá) e os apelidos estaban castelanizados na súa forma oficial (na real ás veces si, ás veces non). Hoxe a bibliografía en catalán utiliza as formas catalás e a bibliografía castelán utilízaas en parte, e a galega en moitos casos empregas as formas catalás con independencia de como se chamasen oficialmente esas persoas. Pola contra a bibliografía galega só en moi contadas ocasións galeguiza os nome e apelidos de personaxes históricos polo que o caso galego non é equiparable ao catalán.--Sernostri (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 18:52 (UTC)[responder]