Conversa:Duna

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Sinónimos de duna Como di Xose Lois Vilar no artigo da primeira referencia: "A terra firme pode rematar coma un cantil ou de xeito pedregoso pero máis suave, ou bicárense mar e terra de maneira fraternal, marital, en extensos areais con grandes acumulacións que modernamente se nos dá por chamarmos ‘dunas’, que trouxemos do neerlandés duin. Pois ben, as distintas recolleitas toponímicas da franxa costeira apréndennos que nunca ninguén nesta terra así chamou a tal realidade orográfica. A recollida efectuada por enquisa oral, móbil sempre que se pode, revela unha riquísima variedade diatópica de sinónimos areentos, uns vivos na fala, outros vivos na toponimia. Os primeiros citarémolos en minúscula e os segundos en maiúscula. Imos facer un repaso lixeiro, xa que este tema será o cerne dun artigo cando rematemos o baleirado documental de mapas topográficos, fotografías aéreas, cartas náuticas e a visita a toda a costa galega"

Tomei o seu criterio como referencia agás para o de "tombo" ou "tombo de area" que, ademais de estar moi estendido, segue vivo e o teño visto citado nalgún artigo de prensa como: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/10/30/0003_201110V30C11992.htm --Teixugo (conversa) 5 de outubro de 2016 ás 18:07 (UTC)[responder]