Conversa:Dodro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Festas[editar a fonte]

No apartado Festas non inclúo a Romaría da Cruz de Avelán, a Festa do Carneiro, posteriormente Feira rural de Dodro nin o Festivalo de Manselle porqué son eventos recentes que se celebraron durante algúns anos pero non tiveron continuidade ou non se chegaron a consolidar. Actualmente non se está a celebrar ningunha delas.

Canto ás festas patronais, poño o nome polo que son coñecidas popularmente en Dodro e na redonda. --Dodro (conversa) 16 de novembro de 2014 ás 18:04 (UTC)

Quitar mapa de situación[editar a fonte]

Propoño quitar o mapa de situación da sección Situación porque é repetitivo, a situación do concello xa se aprecia no mapa da caixa de concello, e porque non encaixa na maquetación do artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 10:32 (UTC)

Por min non hai inconveniente ningún si é preferible retirar este plano.--Dodro (conversa) 6 de decembro de 2014 ás 11:30 (UTC)
Vale, xa o quitei, penso que así queda mellor. Grazas Dodro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2014 ás 23:54 (UTC)

Estrutura artigo concello[editar a fonte]

Estaría ben estruturar o artigo segundo o Modelo de concello da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de novembro de 2014 ás 02:41 (UTC)

Feito! Feito!, penso que está. --Dodro (conversa) 26 de novembro de 2014 ás 10:53 (UTC)

Morfoloxía urbana[editar a fonte]

Dodro é un concello rural; o concello de Dodro non ten ningún núcleo de poboación de entidade, a estrada AC-305 atravesa o concello por onde se sitúan os núcleos de poboación máis importantes. Indícanse no artigo os núcleos onde se concentra a maior parte da poboación de Dodro, sendo núcleo de máis entidade Lestrobe. --Dodro (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 11:37 (UTC)

Os apartados do modelo de concello nos que non se poida achegar información abondo non se cubren, no caso de Dodro posiblemente esa parte non sexa necesaria. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 12:11 (UTC)
Ó ser Dodro un concello rural con menos de 3000 habitantes non ten ningún núcleo urbano propiamente dito. Retiro o apartado o non aportar nada nese sentido pero para que non se perda toda a información inclúo parte dela nos apartados Parroquias e Lugares de Dodro, onde cadra mellor. --Dodro (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 12:58 (UTC)
Moi ben, creo que así queda mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2014 ás 01:32 (UTC)

Clima[editar a fonte]

Para a elección do observatorio tivéronse en conta diversos factores relacionados directamente con variables importantes, como a proximidade da estación á zona de estudo, orientación, altitude e relevo similar, seguindo estas prioridades.

Para o estudo climatolóxico elixiuse a estación meteorolóxica de Herbón (Padrón), que cumple os requerimentos que acabamos de expoñer.

As características da estación metereoloxica son as seguintes:

  • Altitude: 58 m.

Os datos dos que se dispoñen para elaborar este estudio corresponden a unha serie continua de datos de 27 anos para as temperaturas e de 28 anos para as precipitacións. --Dodro (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 14:41 (UTC)

Traducir citas[editar a fonte]

As citas deben traducirse ó galego, salvo as que xa o estén aínda que sexa galego non normativo, e poñer a cita orixinal nunha nota indicando que a tradución é da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2014 ás 11:21 (UTC)

Mirei a correr e agora só vin a de Sarmiento así que xa fixen a tradución. Logo revisarei se queda algunha máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2014 ás 11:51 (UTC)
Feito! Feito! Non vin máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2014 ás 11:51 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 9 ligazóns externas en Dodro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 04:11 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Dodro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2019 ás 14:52 (UTC)