Conversa:Dialecto berciano

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A este artigo non lle vexo moito sentido. No Bierzo tradicionalmente falábanse dúas linguas, o galego e o leonés e si existen falares de transición nalgúns lugares da fronteira lingüística desas dúas linguas románicas. Pero un dialecto éo dunha lingua, podería haber un dialecto berciano do galego e outro do leonés, que non o sei, pero o que non pode existir é un dialecto berciano conxunto do galego e do leonés Como cando se di "Estas variedades forman parte do continuo dialectalromance do Noroeste da Península Ibérica" é unha verdade a medias, todas as linguas derivadas do latín forman un continuun dialectal que fai que linguas xeograficamente veciñas compartan escollas comúns sen que por iso esas dúas linguas compartan dialectos, aínda que é habitual que existan falares de transición que son de difícil atribución a unha ou a outra lingua, pero diso non é do que trata este artigo.--HacheDous=0 (conversa) 3 de setembro de 2017 ás 19:34 (UTC)[responder]

Retirei o de Francisco González González, autor de El habla de Toreno (zona lingüísticamente leonesa) que di na súa obra literalmente
"hallaremos el gallego en la f no evolucionada a h, como en foz, focico, furgar, forno; la e >ei en palmeiro, oteiro, chumbeira, regueiro, raneiro, etc". "El Asturiano en palabras como oxear, arroixar y goxa; diminutivos en in, ina...". "El castellano-leonés nos da la diptongación de o tónica en ue: puerta, huerto..."

Non se pode poñer como galego un fenómeno que é a evolución natural do latín en todas as linguas derivadas do latín, agás o castelán e o occitano gascón. Non, o f é algo plenamente leonés, igual que o -ei, por moito que coincida co galego, ou co francés, e non por iso atopamos o galego no f do francés faire. Un autor con esa formación lingüística non pode poñerse como referente para xustificar a existencia dun dialecto conxunto berciano.--HacheDous=0 (conversa) 3 de setembro de 2017 ás 19:45 (UTC)[responder]