Conversa:Diabetes mellitus

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A conclusión que eu saco do primeiro parágrafo é que esa hiperglicemia é a que provoca os defectos na secreción de insulina, na súa acción ou ambos.

A realidade é a contraria, como queda explicado no resto do artigo: son os defectos na insulina os que provocan a hiperglicemia. O autor do artigo debería corrixir esa redacción para evitar esa interpretación errónea.

Máis adiante fálase do glucagon, como hormona antagonista da insulina. Segundo o Diccionario galego de termos médicos (2002)(auspiciado pola Real Academia Galega), a forma correcta sería glicagón (aguda e con i).

"glicagón s.m. Hormona polipeptídica segregada polas células alfa dos illotes do páncreas. A súa acción é hiperglicemiante, ó induci-la glicoxenólise hepática, contrarrestando o efecto hipoglicemiante da insulina."

Pedro, --Pedro 20:11, 10 maio 2007 (UTC)

Posiblemente o artigo comezou sendo unha tradución da Wikipedia en portugués, e ese texto provén do orixinal. O creador da entrada hai meses que está ausente. Se ti puideras facer as correccións precisas eses problemas que sinalas poderían arranxarse. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 07:38, 11 maio 2007 (UTC)
Estou de acordo coas críticas á redacción do primeiro parágrafo do artigo. Acabo de cambialo e substituír unha parte da frase por "causada por", e agora xa está correcto. Engadín tamén unha lista de causas no capítulo "Causas".--Miguelferig 16:27, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Diabetes mellitus. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 07:28 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Diabetes mellitus. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 02:58 (UTC)[responder]