Conversa:Diário Liberdade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Mantiven a frase: A súa única lingua de publicación é o portugués ou galego-portugués, nos diferentes padróns consoante aos países, admitindo tamén a variedade gráfica con que a mesma lingua é escrita na Galiza, aínda que é, cando menos, discutible que galego e portugués sexan a mesma lingua. Non é o meu obxectivo, nin moitísimo menos, encetar o debate filolóxico, porque ademais este non é o lugar, pero deixo aquí a frase por se a comunidade no seu conxunto decide que é preciso facerlle unha revisión. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 14:14, 25 de marzo de 2011 (UTC)

Independentemente do que pensemos cada un de nós sobre o número de linguas que se falan en Europa, o artigo ten que estar redactado de forma neutra. Esa redacción non é neutral, e coincide, casualmente, coa opción defendida polo medio en concreto do artigo —unha vez máis, con contidos nada neutrais en toda a súa redacción—. Vou pois redactar a frase de novo dunha forma neutra e non segundo a opinión persoal do autor inicial do artigo. --Xabier Cid Talk, please 14:31, 25 de marzo de 2011 (UTC)
De feito, xa o fixera. Houbo problemas no servidor e o meu comentario anterior correspondíase a algo anterior, :) Síntoo.

A frase A súa lingua de publicación é o portugués, mais tamén admite o galego. É totalmente ideologizada e parcial. Troquei por As súas linguas de publicación son o portugués, e o galego, na normativa ILG e na normativa AGAL. Bem mais neutra, dado que tanto o ILG como a AGAL definem a língua que normativizam como galego. Nom somos quem para julgar se é ou nom galego ou português. Saudaçons cordiais.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Walgamaroo (conversacontribucións)

efectivamente. :) Nós non somos quen pra xulgar. Xa hai quen o fixo. :) Váleme a túa forma, e só a modifiquei un chisco e lle metín a ligazón. ;) --Xabier Cid Talk, please 14:57, 25 de marzo de 2011 (UTC)

Acrescentei um parágrafo sobre a "Liña editorial", informando da liña reintegracionista da publicación, para que quede constáncia de que no meio objeto do artigo nom se fai distinçom entre as línguas. Efetivamente, já há quem decidiu, com razons lingüísticas... ou por motivos político-ideológicos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Walgamaroo (conversacontribucións)

Aliás... Além de todo o dito, gostava de saber por que foi eliminado meio artigo. Por favor, a pessoa que eliminou que o justifique devidamente quando o faga. Caso contrário, redigirei de novo essa parte mutilada arbitrariamente. Cumprimentos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Walgamaroo (conversacontribucións)

Ola, Walgamaroo. O artigo foi redactado seguindo as normas da Wikipedia de respecto á obxectividade e á neutralidade. As opinións persoais túas —ou as do medio en cuestión— así como as dinámicas de traballo internas dunha empresa/asociación non son relevantes para o artigo. Por outra parte, creo oportuno mencionar que non é axeitado promocionar medios, empresas, asociacións ou persoas a través da wikipedia: non digo que este sexa o caso, pero algunhas das frases re-redactadas ou suprimidas daban a sensación de ter unha intención promocional. Para calquera dúbida que teñas, podes preguntarme na miña páxina de conversa. Un saúdo! --Xabier Cid Talk, please 19:58, 25 de marzo de 2011 (UTC)
  • Ola, Walgamaroo. Xa explicou o usuario Xabier Cid os motivos, de maneira que pouco máis che podo dicir eu, tan só refrendar o dito. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:29, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Diário Liberdade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de setembro de 2018 ás 18:07 (UTC)[responder]