Conversa:Declaración dos dereitos da muller e da cidadá

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Hai que mover o artigo, o feminino é cidadá, non cidadana (Ver no VOLG)

--Emilio juanatey 09:56, 9 setembro 2007 (UTC)

Opinións vs feitos[editar a fonte]

No artigo afírmase que: "En ningún destos documentos se considerou ás mulleres, pois isto sucedeu ao altísimo grao de machismo e intolerancia por parte de quen facía as leis (homes)". Esta afirmación é unha opinión e non un feito verificable, por máis que eu estea de acordo plenamente nesa valoración da causa da postergación das mulleres (no eido legal e en tantos outros). Agora que estades discutindo os pilares da Wikipedia lin o outro día a necesidade de que aquí, nos nosos artigos, só poden constar feitos verificables, o que excluiría esa frase. Pero, ante unha verdade coma esta, admitida de seguro por todos, ¿podería admitirse digamos por aclamación, como feito evidente, aínda que non poida pasar pola proba do algodón da verificación científica? Pedro --Lameiro 11:48, 9 setembro 2007 (UTC)

  • Se che sirve, podes ler a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán onde ao falar de dereitos refírese en todo momento aos homes, non as persoas, ese é o primeiro argumento que te dou para sustentar esa frase, o segundo é que analices a composición da asemblea que elaborou esa Declaración xa que non había nin unha sóa muller. Eso motivou que Olimpia de Gouges redactara a Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadá e fora guillotinada por elo. Hoxe en día, como ben saberás, todos os lexisladores teñen bo coidado de respetar o principio da igualdade de sexos en tódalas leis e por eso non se fan referenzas únicas aos homes senón as persoas. Podes se queres modificar a frase se consideras que non foi machismo e intolerancia pero o feito de que por reclamar os mesmos dereitos a persoa que o fixo fora guillotinada a min amósame que intolerancia había. Alma 12:10, 9 setembro 2007 (UTC)
    • Alma, por favor, rele o que dixen:
      • por máis que eu estea de acordo plenamente nesa valoración
      • ante unha verdade coma esta, admitida de seguro por todos
      • ¿podería admitirse digamos por aclamación, como feito evidente, ...?
    • Creo que a miña opinión quedou ben patente (e coincidinte en todo coa túa), así que non supoñas que eu pense que non houbo machismo ou intolerancia. Claro que o houbo (e hai), e moito. Téñoo ben claro, aínda que sexa home. Pero todo iso non converte as cousas en feitos, senón en opinións. Se o destaquei foi só porque é un bo exemplo de que as normas da Wikipedia(neste caso o principio da verificabilidade) deben prever estas situacións inverificables.
    • Non insinúo tampouco borrar nin cambia-la frase. Só quero poñer de manifesto con este exemplo unha evidente contradición cos principios da Wikipedia. Pedro --Lameiro 12:27, 9 setembro 2007 (UTC)


      • Penso que o que non liches fuches ti, deixeiche unha ligazón a declaración dos dereitos do home:
  • Alí só se fan referencias aos homes.
  • As mulleres no momento de aprobación desa norma en Francia nin podían votar nin podían presentarse ás eleccións.

Como semella que a única maneira de amosarte que eu non vexo contradicción cos principios da Galipedia é que te tomes a molestia de ler: GUÉRIN, D. La lucha de clases en el apogeo de la Revolución Francesa, 1793-1795 Madrid, 1974, Alianza Editorial (onde se recolle o menosprezo o que se vían sometidas ás mulleres revolucionarias por parte dos seus compañeiros revolucionarios). Para min iso non é unha valoración senón unha constatación dun feito. Engádoche unha cita de dito libro para que o vexas:

"Los enragés (facción más radical de los revolucionarios) no se habían atraído solamente a los más revolucionarios de los sans culottes parisinos, también se habían atraído a su órbita a las mujeres más revolucionarias. En 1793 crearon la "Sociedad de las Republicanas Revolucionarias" (...) En su entusiasmo, unas llegaron a vestir la escarapela tricolor sobre su peinado y otras, el gorro frigio e, incluso, el pantalón rojo. Pero la fuerza de sus enemigos fue tal que fracasaron en sus empeños. Uno de ellos, Chaumette, misógino notorio, llegó a decir: ¿Desde cuando le está permitido a las mujeres abjurar de su sexo y convertirse en hombres? ¿Desde cuando es decente ver a mujeres abandonar los cuidados devotos de su familia, la cuna de sus hijos, para venir a la plaza pública, a la tribuna de las arengas (...) a realizar deberes que la naturaleza ha impuesto a los hombres solamente?"

Alma 12:43, 9 setembro 2007 (UTC)

== Proposta ==[editar a fonte]

Ainda mantendo o sentido, a frase en cuestión é mellorábel (como case todo) e debería ilustrarse cunha cita, que seguro que sobran na inxente bibliografía sobre as mulleres e a revolución francesa, a falta doutra mellor, podese pór parte da propia declaración:

"L'homme seul s'est fagoté un principe de cette exception. Bizarre, aveugle, boursouflé de sciences et dégénéré, dans ce siècle de lumières et de sagacité, dans l'ignorance la plus crasse, il veut commander en despote sur un sexe qui a reçu toutes les facultés intellectuelles ; il prétend jouir de la Révolution, et réclamer ses droits à l'égalité, pour ne rien dire de plus."

a última parte da frase exemplifica ben o sentido "o home pretende beneficiarse da revolución, e reclamar os seus dereitos á igualdade, e deixálo ai (non dicir nada mais)"

--Emilio juanatey 14:52, 9 setembro 2007 (UTC)

Concordo completamente. Alma 14:55, 9 setembro 2007 (UTC)

Esquecera que isto ficaba pendente, que vos parece como fica? --Emilio juanatey 19:37, 5 outubro 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Declaración dos dereitos da muller e da cidadá. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 06:26 (UTC)[responder]