Conversa:Día dos Namorados

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Día dos namorados»)

Untitled[editar a fonte]

Este apartado, Unha festividade de contrapunto nos Estados Unidos, creo que tal como está redactado non se adapta ao que é un artigo enciclopédico (resentidos, este ano)--Cheluco 17:07, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Retireino, pero redactado doutra forma podería ser interesante un apartado de crítica ao que significa o día dos namorados.--Cheluco 17:09, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Día dos namorados e San Valetín[editar a fonte]

No artigo fálase como se días dos namorados e o de San Valentín fosen sinónimos perfectos, con escasas alusións a festas tradicionais nalgúns países de Asia, pero hai máis países que celebran o día dos namorados noutras datas, é o caso do Brasil que o celebra o 12 de xuño ou Exipto o 4 de novembro.--Sernostri (conversa) 14 de febreiro de 2014 ás 15:42 (UTC)[responder]

  • Entendo (tamén polo que vexo nas interwikis) que o que é seguro é que o 14 de febreiro é Día de San Valentín, namentres que o Día dos namorados pode ou non cadrar nesa data. Se isto é correcto, entendo que habería que mover a páxina á primeira denominación e se acaso deixar a segunda como redirección, non ao revés como está agora. Se non é así, que alguén me quite do erro. --Atobar (conversa comigo) 14 de febreiro de 2019 ás 15:53 (UTC)[responder]