Conversa:Cualedro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Gostaríame plantexar unha serie de dúbidas que espero que alguén poida solventar, no referente á nota de aviso que encabeza o artigo.

Primeiro de todo, non sei se a posibilidade de que o artigo teña a súa posible orixe noutra wiki é importante avisalo por motivos de dereitos de autor, propriedade intelectual ou cousas desas nas que son enteiramente lego e non termino de controlar ben. Se iso ten importancia, gostaríame sabelo para non cometer o mesmo erro no futuro, que todos temos que aprender.

De tódolos xeitos non é exacto que o artigo fose copiado da versión en castelán. Máis ben deberíase decir que tanto aquela versión en castelán coma ista en galego foron copiadas dun ficheiro que conservo no disco duro da miña PC. Unha vez que creei o artigo na wiki castelá decidín contribuir a incorporar toda aquela información ao artigo na wiki galega, que xa existía daquela, ainda que nun estado embrionario. As miñas dotes como tradutor nunca foron moi aló, así que imaxino que se poderán atopar moitos erros, entre outras cousas porque do meu corrector ortográfico non se pode fiar un. Por iso pregúntome si é procedente que o aviso que encabeza o artigo faga referencia á suposta copia, cando non foi exactamente copiar o que eu fixen. Como sempre, pido que me iluminen sobre este particular.

Outra cuestión son os erros ou faltas en cousas como o formato, a wikificación, etc. Como é fácil comprobar, son bastante novo nisto e bastante pouco entendido, así que admito todo tipo de críticas e suxestións. De entrada téñome proposto incorporar referencias que permitan comprobar as fontes das que extraín a información.

Máis nada. Para servir.--Xoacas 19:32, 17 maio 2009 (UTC)