Conversa:Criptódiros

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acento tónico[editar a fonte]

Na miña opinión, para respectar a tonicidade do termo do latín científico Cryptodira a pronuncia correcta en galego debería ser criptódiros. E isto porque o termo do latín científico está formado polos elementos crypto-, derivado do grego κρυπτός kryptós, 'oculto', e -dira, tirado do grego δειρή deiré, 'colo','pescozo', coa terminación en -a para indicar substantivo neutro plural.
E dado que o ditongo -ει-, transcrito en latín como -i-, é breve (tanto o "ε" como o "ι" o son), a norma latina fai recaer o acento tónico na vogal anterior, neste caso o "o" de cryptpo-. --XoioÉche o que hai 14:47, 23 de outubro de 2012 (UTC)

Véxase tamén Artródiros, especialmente as ligazóns externas. --XoioÉche o que hai 16:41, 27 de outubro de 2012 (UTC)
  • Movo a Criptódiros como título principal polos argumentos de Xoio (¡que sabe grego!) e por coherencia cos termos criptóceros, criptófitas e criptógamas, que veñen recollidos así no DRAG (aínda que non contempla criptódiros nin criptodiros). Pedro --Lameiro (conversa) 18:12, 31 de outubro de 2012 (UTC)
    • O que agora dubido é se podemos/debemos manter a sinonimia criptódiros/criptodiros. Quizais por costume, ou por impronta castelá. Pedro --Lameiro (conversa) 18:14, 31 de outubro de 2012 (UTC)
      • Grazas por ter en conta a miña opinión. Non é que saiba grego. Pero, como preocupado que son pola terminoloxía científica, hai que mirar algo por aí sobre a porosodia grecolatina. Estes casos de termos compostos co segundo compoñemte -diro son semellantes, por exemplo, a aqueles nos que o segundo compoñente é -dromo (do grego δρόμος drómos, 'carreira', 'percorrido', no que o ómicron de "-dro-" é, loxicamente, breve: "o pequeno"), como en anádromo, autódromo, catádromo, velódromo, etc. E o contrario dos rematados en -xiro, do latín gȳrus, 'xiro', 'movemento circular' que, aínda que derrivado do grego γυρόσ gyrós, 'redondo', aquí o ípsilon ou i grego, υ non é breve (como acontece moitas veces) senón longo, como se pode ver pola transcrición latina; e así dicimos dextroxiro, levoxiro, etc., e non dextrógiro e levógiro como adoita maldicirse en castelán (claro que os casteláns, pola contra, din ben autogiro). Por certo, aínda que dextroxiro e levoxiro non teñen entrada na Galipedia, no texto de moitos artigos aparecen mal acentuados, á castelá. --XoioÉche o que hai 19:22, 1 de novembro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Criptódiros. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 03:27 (UTC)[responder]