Conversa:Crícket

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Cricket»)

Untitled[editar a fonte]

En determinados deportes como é o caso do cricket utilízase batear e bateador como algo específico, a verdade é que baten cun bate e iso recibe un nome, batear, pódese consultar o dicionario da academia, o Vocabulario ortográfico galego, o Ir Indo e supoño que o resto dos dicionarios galegos.--Bradmanthedon 21:35, 1 de maio de 2010 (UTC)

  • Francamente dicir que a súa orixe é o stoolball é moi difícil de probar, comparte trazos con outros deportes rurais ingleses é ben certo pero iso non quere dicir que derive necesariamente dun deles, parece que se menciona por primeira vez en 1598 co nome de creckett que podería ser unha palabra holandesa, considero que o máis xusto é borrar esa mención ao stoolball.--Bradmanthedon 21:33, 6 de maio de 2010 (UTC)
Retireino, levaba moito tempo sen referencia, e como se di que teña trazos semellantes non necesariamente indica que sexa a orixe do crícket.--HacheDous=0 (conversa) 22 de setembro de 2015 ás 18:10 (UTC)[responder]

Segundo o Dicionario Galaxia, a forma galega é a adaptada "críquet", así recóllese nalgúns dicionarios galegos. Velaquí: https://books.google.es/books?id=UaNLNVV3XaEC&lpg=PP1&hl=pt-PT&pg=PT7#v=onepage&q&f=true --Isili0n (conversa) 22 de setembro de 2015 ás 17:35 (UTC)[responder]

A forma normativa é crícket segundo recolle o DRAG.--HacheDous=0 (conversa) 22 de setembro de 2015 ás 17:55 (UTC)[responder]