Conversa:Crema de leite

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non entendo[editar a fonte]

No cabezallo dise que a tona está feita de (lacto)albumina (proteína) e fórmase ao quentar primeiro o leite e despois deixalo arrefriar, pero despois na sección sobre Tipos dise: Tona... "O leite descremado non o forma porque ao descremalo tíraselle precisamente a graxa, que é a nata." Entón, en que quedamos, a tona é proteína ou é graxa. No inicio do artigo defínese nata como a graxa emulsionada que está no leite, facéndoa sinónima de crema de leite. Para min iso non é nata, porque se está emulsionada é a materia graxa do leite, pero non é nata; para que sexa nata ten que estar separada do leite na superficie (xa non está emulsionada). Vendo as definicións do DRAG paréceme que nata e tona están ambas as dúas na superficie do leite, pero de tona di que é unha película feita de graxa (non di nada de que haxa que fervela antes) e de nata di que é materia graxa que flota na superficie (supoño que en pingas amarelas ou talvez tamén en película). Con isto non quero dicir que non haxa unha diferenza de composición química (teño que velo con calma, porque do soro lácteo faise o requeixo coas lactoalbuminas e beta-lactoglobulinas que aínda quedan nel). Só na voz crema o DRAG fala de materia graxa do leite sen especificar que teña que estar na superficie. Ao leite descremado (leche desnatada) quitóuselle esa crema.

Por outra parte, albúmina no DRAG aparece como albumina (ver tamén acento prosódico), pero ademais a do leite é concretamente a lactoalbumina e debería de quitarse a ligazón á páxina albumina, a cal trata das albuminas como tipo de proteínas (hai moitas albuminas). Aínda que pode haber unha pequena cantidade de seroalbumina bovina no leite de vaca (que se filtrou desde o sangue, xa que non se produce na glándula mamaria), a albumina máis abondosa e por antonomasia do leite é a alfa-lactoalbumina, que é a onde se debería facer a ligazón.--Miguelferig (conversa) 16 de setembro de 2014 ás 16:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Crema de leite. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 23:42 (UTC)[responder]