Conversa:Camarón de area

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Crangon crangon»)

Proposta de nome vulgar galego para Crangon crangon[editar a fonte]

1. O común da xente dá o nome de camarón ás catro especies de decápodos nadadores de pequeno tamaño que viven nas nosas augas, a saber:

ademais doutros menos empregados, pero con clara preferencia para a última das citadas. Oviamente, e dada esta situación, é perfectamente admisíbel o seu uso en contextos populares. Pero vai totalmente en contra das normas para a adopción de nomes vulgares ou vulgarizados para as especies biolóxicas (que has hai), para utilizar en obras de divulgación, como guías de campo, libros de texto escolares e mesmo na Galipedia; e non digamos xa para a etiquetación das especies que se venden en mercados e peixarías, pois poderían inducir a fraude, xa que P. serratus é moito máis apreciado do que as outras. (Na literatura científica non hai problema porque se usa o nome científico)

2. Na Lista de crustáceos de Galicia, da Galipedia, dáselles este nome, camarón, a dúas especies diferentes, pertencentes a dúas familias distintas (e mesmo a dúas superfamilias): Crangon crangon (familia dos cangrónidos) e Palaemon serratus (familia dos palemónidos), o que é, por dicilo suavemente, pouco apropiado para unha enciclopedia.

3. Para cumprir coas normas antecitadas, sería conveniente dispoñer de nomes vulgares particulares identificativos para cada unha das catro especies, cousa que,de momento, non hai.

4. Tendo en conta que:

  • segundo se desprende da obra pioneira de Mª C. Ríos Panisse Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela, 1977, ISBN 84-7191-008-X, a especie para que a que se rexistra maior número de veces o termo camarón é P. serratus e, sobre todo,
  • porque o dicionario da RAG dá, para a voz camarón a definición:
Crustáceo mariño da orde dos decápodos (Palaemon serratus), de catro a dez centímetros, segundo as especies, co corpo comprimido lateralmente e cunha prolongación dentada do rostro, que vive preto da costa en zonas rochosas de pouca profundidade e con moita vexetación.
Dicionario da RAG, voz camarón.

parece que claro que xa temos un nome distintivo para P. serraus, xa que se cita expresamente, aínda que recoñeciendo que hai outras especies.

  • tendo en conta, por outra parte, segundo podemos na bibliografía, o hábtat habitual da especie Crangon cragnon é "en augas tranquilas pouco profundas, sobre o fondo das praias", o que fai que nalgúns lugares esta especie reciba o nome (ver Ríos Panisse, e tamén a obra de Rosa Ramonell Guía dos mariscos de Galicia, Vigo, Editorial Galaxia, ISBN 84-7154-506-3):
  • areeiro
  • camarón de area
  • camarón do limpo
  • esquila areneira

e que noutros idiomas, dato que hai que ter en conta polo aquel da universalidade da nomenclatura científica, a especie en cuestión ten os nomes de:

  • equila de arena (castelán, en Cantabria)
  • gamba de sorra (catalán)
  • gambero di sabbia (italiano)
  • Sangdgarnele (alemán)
  • Sandreke (noruegués bokmål)

[Nota: nalgúns destes idiomas, ademáis do nome citado, úsanse tamén outros sinónimos]

penso que un moi adecuado nome galego sería o de camarón de area. Deixo aberta a discusión.
Quedan aínda por considerar os nomes das outras dúas especies.--XoioÉche o que hai 7 de xaneiro de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]

Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 7 de xaneiro de 2013 ás 22:36 (UTC)[responder]

Eu co que non estou dacordo é co uso do termo *quisquilla. Ese termo é un castelanismo e como ti xa apuntaches, Xoio, na conversa de Lista de crustáceos de Galicia, non está admitido nin no dicionario da RAG nin no Gran Xerais polo tanto non podemos usar ese termo en galego. Se eses autores que citas dan o termo como sinónimo, entón penso que habería que explicalo de forma axeitada nunha nota ou quitalo porque non é un termo correcto no galego. Na lista de crustáceos xa o quitei porque non tiña referencia, igual que nun par de páxinas máis, nesta non o fago xa que está referenciado e espero a vosa opinión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2013 ás 11:08 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Camarón de area. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 16:51 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Camarón de area. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 13:51 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Camarón de area. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de febreiro de 2019 ás 07:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Camarón de area. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de febreiro de 2019 ás 11:04 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Camarón de area. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2019 ás 02:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Camarón de area. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de abril de 2019 ás 07:00 (UTC)[responder]