Conversa:Coito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

"O coito ... é a cópula ou unión sexual entre dous individuos de distinto ou do mesmo sexo, da mesma ou diferente especie animal". ¿Seguros? ¿En que fonte se basea esta definición? ¿Non se estará confundindo coito=cópula con penetración? Para estes matices non nos serven os dicionarios habituais, pois tratan estes termos de puntillas e non se mollan, non sei se porque asumen que é un acto entre macho e femia dunha mesma especie (e imaxinar outras posibilidades resulta inimaxinable) ou se é porque asumen esa equivalencia que fixen antes e se aplica a calquera posibilidade. O caso é que se xa me costa ve-lo coito anal dentro deste artigo non vos imaxinades cando vexo que tamén se inclúe o sexo oral: ¿o sexo oral é unha forma de coito=cópula? Conste, claro, que falo de semántica, non doutros aspectos de todo isto. Pedro --Lameiro (conversa) 13:19, 13 de maio de 2010 (UTC)

Concordo contigo. A min o que máis me chamou a atención e o da "diferente especie animal", xa ves ti. Estou vendo que hai moito que arranxar neste tema. Canto traballiño dios nos da.... Xoacas(non te me poñas así) 13:22, 13 de maio de 2010 (UTC)