Conversa:Cidade do Cabo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O correto não seria só Cidade do Cabo, com Cape Town como redirect? Se não houver respostas, eu mesmo movo. --Slade T 19:37, 10 maio 2006 (UTC)

Está referenciada a forma Capetón, que redirixe aquí? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:57, 2 de xullo de 2010 (UTC)

Capetón!! En serio?[editar a fonte]

Creo que deberiamos retirar o "topónimo" Capetón, xa que non ten referencia algunha, mesmo hai tempo se pediu algunha referencia e non se achegou ningunha. O Capetón soa a "wachipein", non semella serio, de onde se quitou ese topónimo? É como poñer Niu Llork, un nome en inglés escrito fonéticamente, para min non ten sentido, e menos aínda sen ningunha referencia que o apoie. Piquito (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 19:45 (UTC)[responder]

A min tamén me parece raro pero non estou seguro, o nome aparece nalgunhas páxinas e tamén aparece no Atlas Mundial Galego Online así que non sei que dicirche... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2014 ás 23:25 (UTC)[responder]
Eu opto por retiralo, o Atlas Mundial Galego Online o que pon é "Capetón (pop.)". Eu entendo que é unha forma popular, así que a eliminaría (tampouco poñemos "Barcelona ou Barna", tamén popular). Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 22:35 (UTC)[responder]
Vale, pois vouno quitar, se alguén o que poñer que achegue referencias axeitadas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 23:51 (UTC)[responder]
Vouno engadir novamente. Hai referencias. É verdade que non é un termo moi académico, mais ten uso. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 09:19 (UTC)[responder]