Conversa:Celta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Uma resenha sobre o estudo da Universidade de Saragossa mencionado no artigo pode-se encontrar em: http://www.lavozdegalicia.es/se_sociedad/noticia.jsp?CAT=105&TEXTO=2564838

Tambêm haverá que mencionar neste artigo o povo de Bretonha ("Bretoña"), que foi fundado por bretóns (ou británicos)durante o Reino Suevo. e consta em documentos históricos que mantiverom a sua cultura por uns quantos séculos.

Separar o artigo[editar a fonte]

Ó meu parecer, sería conveniente deixar a información do principio como un artigo de desambiguación e a do final como un novo artigo chamado prehistoria e histora dos pobos celtas. --O Tin 17:37, 27 maio 2006 (UTC)

  • Artigo contén afirmacións de dubidosa base. No apartado a Nova teoría exponse erróneamente unha teoría que non chega a esas afirmacións. A teoría fala de modificar o concepto vixente de Cultura Celta, trasladando o periodo de chegada de o periodo habitual das invasións adiantándoo a antes do megalitismo, polo que se estaría a falar de conceptos diferentes, pero con anterioridade síguese a mostrar o concepto tradicional de Cultura Celta, con engadidos de demostracións da orixe celta dos galegos que necesitan de referencia. En conclusión, creo que este artigo carece do suficiente rigorismo e o seu contido é como pouco pseudo-enciclopédico. Lansbricae (Ti dirás) 09:51, 5 decembro 2007 (UTC)
De xeito xeral concordo con Lansbricae. Non debese olvidar cas "orixes celtas " son sobre todo ideas do seculo XIX , co contexto do romanticismo dise siglo.ElviraConversa con mi 10:56, 5 decembro 2007 (UTC)

DNA[editar a fonte]

Falar do DNA no artigo?, non, a non ser que se dean referencias, non de que existen estudos sobre o DNA que afirman da existencia de semellanzas xenéticas , senón de que os historiadores dan validez e aceptan eses estudos; non vexo eu un artigo sobre Roma falando do DNA dos romanos e gregos, e parecéme altamente discutible e mesmo inmoral introducir eses elementos nun artigo serio.--RNC 15:11, 21 xaneiro 2010 (UTC)

Se se elimina o texto sobre as teorías do ADN, hai que eliminar da bibliografía os libros nos que se baseou esa parte, porque non teñen sentido no artigo se non se empregaron para a súa elaboración. --Alberte Si, dígame? 15:27, 22 xaneiro 2010 (UTC)

Proposta.[editar a fonte]

  • Hai algún motivo para que este artigo e o de cultura celta non sexan un so? Se o hai eu non o vexo, así que propoño a súa fusión. Entendo que ao falar da cultura celta (Os celtas foron unha das culturas que xurdiron do tronco común indo-europeo) estase falando da civilización que a creou (Os celtas foron pobos orixinarios da Europa central) identificando a un co outro. En definitiva: os dous artigos falan da mesma cousa. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 17:16, 21 xaneiro 2010 (UTC)
    • Eu penso que son dous conceptos distintos. O artigo celta debe ser sobre o conxunto da civilización: establecemento, cultura, linguas, historia etc. e o de cultura celta é unha ampliación dunha das partes do artigo Celta. Pode que agora sexan semellantes, pero cando se vaian ampliando e mellorando deberían xustificar o seren dous artigos distintos. Por certo, non é mellor cultura celta ca Celta (cultura)? --Alberte Si, dígame? 15:32, 22 xaneiro 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Celta. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 17:30 (UTC)