Saltar ao contido

Conversa:Castro de Prismos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eucaliptal de Prismos

[editar a fonte]

Non poño en dúbida que aí existan vestixos dun castro prerromano. Pero se non está excavado, ou o está a medias, e non se ve máis imaxe có inevitábel eucaliptal, só é un eucaliptal como tantos da Galicia occidental. Tidubi (conversa) 11 de decembro de 2024 ás 19:10 (UTC)[responder]

En realidade, non é así, @Tidubi. Se ten artigo e aparece así, máis aló de que haxa máis ou menos información, é porque está referenciado nalgures; como se pode ver na referencia. Outra cousa é que están referenciados, en Galiza, case 5.000 castros, escavados ou á vista, coido que non máis dunha ducia. Porén, están localizados para que nalgún momento se traballe neles. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 11 de decembro de 2024 ás 20:01 (UTC)[responder]
Estou plenamente de acordo, que quede claro. Ao que me refería, recoñezo que cun puntiño de sorna, é que a foto que ilustra o artigo sería interesante que permitese ollar polo menos o topos do castro, o aterrazado (se é o caso), a ubicación, estruturas ou rexistros no terreo, e non unha foto lonxana. Pero por suposto sei que está referenciado como tal, o mesmo que moitos outros en Galicia, sen dúbida. Tidubi (conversa) 12 de decembro de 2024 ás 17:33 (UTC)[responder]