Conversa:Cantaría

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Cantería»)

Untitled[editar a fonte]

A primeira opción foi cantería. Darlle prioridade a unha ou outra é unha opción persoal pero a Galipedia non pode optar por ningunha en especial.--HacheDous=0 (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 14:30 (UTC)[responder]

Ben se as NOMIG din que a forma máis aconsellable é -aría: «A forma -aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta solución». Tamén puntualizan que -ería é normativa (polo tanto pódese empregar, aínda que segue sendo -aría a preferible): «A solución -ería, documentada tamén no galego medieval, fíxose case xeral no galego moderno, polo que se admite así. mesmo como normativa». Seguindo as normas da Galipedia, a primeira opción escollida polo primeiro editor será a empregada no artigo, polo que sería cantería. Quería puntualizar porque as NOMIG si din que -aría é a terminación preferible.--Isili0n (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 14:45 (UTC)[responder]
Si mais tamén no DRAG hai moitas formas que marca como máis recomendadas pero tampouco se mudan se algún editor escolle outras menos recomendadas. Ata agora na Galipedia utilízase calquera forma aceptada polo DRAG, agora ben de se querer mudar a política para empregar as formas máis recomendadas pois sería unha opción a considerar.--HacheDous=0 (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 14:49 (UTC)[responder]
@HacheDous=0: @Isili0n: @Unhanova: O 15 de xaneiro vou abrir unha votación para propoñer varias modificacións no libro de estilo. Se queredes que engada algunha proposta con respecto a cuestión das formas máis recomendadas pola RAG podedes pasarme unhas liñas xerais de como quedaría o texto correspondente coa modificación proposta e engadimos un novo apartado nesa votación para iso. Banjo tell me 24 de novembro de 2016 ás 15:11 (UTC)[responder]