Conversa:Cairo (dente)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Definición[editar a fonte]

A definición do texto non se corresponde coa referencia proporcionada, que é o dicionario da Real Academia Galega. En dito dicionario cairo, cabeiro, etc. refírense aos dentes caninos (situados entre incisiovs e premolares), non a calquera dente grande. Propiamente falando os grandes dentes dos elefantes non son caninos como o propio texto indica, senón incisivos. Podería substituírse a definción da Academia pola que dá o dicionario Digalego na súa segunda acepción, que si se axustaría.--Miguelferig (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 11:26 (UTC)[responder]

Boas Miguelferig, segundo o DIGALEGO, cabeiro (aquí) si que se refire ós dentes máis prolongados que presentan certos animais, así como o termo "canteiro" (aquí), que non coñecía.--Breogan2008 (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 11:35 (UTC)[responder]