Conversa:Bloque

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Malia que rueiro é o título do artigo, cabe sinalar que o Dicionario da Real Academia Galega non recolle en ningunha das súas acepcións rueiro como un espazo urbano delimitado por rúas, en troques, tanto quinteiro (4ª)[1] como bloque (7ª),[2] nalgunha das súas acepcións aparece como o "espazo urbano, edificado ou destinado á edificación, completamente delimitado por rúas".

Non obstante, hai que indicar que o Dicionario visual da construción do COAG si recolle rueiro como tal.[3] --Dodro (conversa) 30 de decembro de 2021 ás 14:26 (UTC)[responder]

Referencias

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quinteiro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bloque.
  3. González Rodríguez, Alberte; Martínez García, Santiago A., eds. (2004). "Capítulo 1: Urbanismo". Diccionario visual da construción (PDF). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. p. 15. ISBN 84-85665-63-5. Consultado o 29-01-2021.