Conversa:Axuda mutua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Non teño nin idea de se os anarquistas converteron o sistema de axudas mutuas nun dos seus principios fundacionais, pero o certo é que en Galicia -e seguramente noutros moitos sitios- son un sistema de colaboración veciñal, entre os membros do lugar (ou parroquia, segundo casos), máis vello que andar a gatas e sen matiz político ningún, senón como fenómeno de cohesión social. Ó que vamos: na Galipedia, que debe tratar dun modo preferente a realidade galega, un artigo sobre axudas mutuas (ou, simplemente, axudas) debe tratar do traballo comunitario da sega, da malla, da mata do porco, do carreto de pedra ou herba, e das mil formas máis que aquí se practicaron dende séculos. E que consta recollido en calquera traballo etnográfico que se faga sobre este país, mesdmo cos sistemas utilizados para convoca-los veciños a acudior a esas tarefas (campás, corno, sabas nas ventás etc.). Pedro --Lameiro (conversa) 23:51, 1 xaneiro 2010 (UTC)

O artigo actual é unha tradución da wikipedia hispana. Evidentemente todas as melloras que comentas son pertinentes, e non atopo mellor persoa para realizalas ca ti :D Así que xa sabes, adiante coa ampliación do artigo en base á realidade galega. --Alberte Si, dígame? 14:54, 2 xaneiro 2010 (UTC)

Referencia no artigo[editar a fonte]

Non atopo sentido a que apareza neste artigo unha referencia dun artigo publicado nun blog, cando hai milleiros de artigos en publicacións académicas ou centos de libros para engadirlle referencias ao artigo.--HacheDous=0 (conversa) 27 de abril de 2018 ás 14:32 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Axuda mutua. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 07:48 (UTC)