Conversa:Avelaíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Aínda que pode que bruxa sexa o nome que lle dean nalgún sitio a todas as avelaíñas, o certo é que hai fontes de referencia que indican que bruxa só é correcto nunha linguaxe especializada para os membros da subfamilia Erebinae.[1]--HacheDous=0 (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 16:20 (UTC)

  • Ben vista, HacheDous0. Ademais, engado eu, a referencia a partir do Estraviz que facilitou a IP cómpre poñela en cuestión, pois ese dicionario non segue a normativa oficial, circunstancia que obriga a unha maior cautela. --Atobar (conversa comigo) 2 de novembro de 2016 ás 16:36 (UTC)
@HacheDous=0: @Atobar: Deixeille aquí unha mensaxe a Estevoaei con respecto a varias edicións semellantes. Botádelle un vistazo se tedes ocasión. Grazas! Banjo tell me 2 de novembro de 2016 ás 16:40 (UTC)
Con esa referencia o léxico portugués (ou a súa maior parte) sería válido para o galego. Desde o momento que esa obra non segue o criterio das NOMIG en absoluto non é unha referencia válida para os textos que empreguen as NOMIG. É o meu punto de vista pero penso que é evidente.--HacheDous=0 (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 16:46 (UTC)
Para min o Estraviz tampouco é unha referencia válida. Iso non quita para que, en ocasións, o léxico galego que rexistra si apareza recollido noutros dicionarios. Por exemplo, entre os exemplos que Banjo cita na páxina de conversa de Estevo, temos o caso de pantorra. --Atobar (conversa comigo) 2 de novembro de 2016 ás 16:56 (UTC)

Usuario:Atobar. Sobre pantorra teño as miñas dúbidas que xa expresei na conversa dese artigo, mesmo podería ser un castelanismo. Pero sobre todo debemos incluír no texto dun artigo formas locais e minoritarias sen tradición no galego común, nin literario nin en obras especializadas?. Entenderíao nunha parte dun artigo que fai referencia ao nome ou como nota, pero encher o cabezallo dun artigo con todas as formas que puideran aparecer nun atlas lingüístico de cada palabra parece excesivo.--HacheDous=0 (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 17:33 (UTC)

Por min, adiante coa matización. --Atobar (conversa comigo) 2 de novembro de 2016 ás 17:34 (UTC)