Conversa:Augusto César Lendoiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Polémica: partidarios e detractores[editar a fonte]

O apartado 'Polémica: partidarios e detractores' non é propio da Wikipedia, na Wikipedia só se deben incluír datos referenciados non interpretacións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:28, 18 setembro 2009 (UTC)

Non creo que se solucione pedindo referencias, é pola forma na que está redactado polo que non debe estar no artigo, debería ser borrado de contado. Polémicas hai con todos os personaxes e ese apartado se o aceptasemos podíase poñer en todos os artigos de persoas, e non estariamos dando contido enciclopédico. Outra cousa sería poñer dentro do artigo, e ben referenciadas, as críticas que recibe a súa xestión ou os seus apoios, pero un apartado estilo os seus amigos/os seus inimigos non serve máis que para crear polémicas estériles.--RNC 16:07, 18 setembro 2009 (UTC)
Quizais me expresei mal. Concordo co que dis, non estaba pedindo referencias senón dicindo que ese apartado non se corresponde cos obxectivos e as regras de edición da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:18, 18 setembro 2009 (UTC)
Eliminamos entón ese parágrafo?--RNC 16:27, 18 setembro 2009 (UTC)
A miña opinión é que si debe eliminarse, maxime se temos en conta as directrices en canto a biografías de persoas vivas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:30, 18 setembro 2009 (UTC)

Feito! Feito!--RNC 16:32, 18 setembro 2009 (UTC)

A miña opinión era de mantelo, aínda que mudando o ton e achegando referencias. Por iso non o borrei eu mesmo. Pero tamén me parece unha boa solución eliminalo. --Xabier Cid Conversa 16:37, 18 setembro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Augusto César Lendoiro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 07:16 (UTC)[responder]