Conversa:Anómero

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Quixera facer unhas observacións sobre este artigo:

  • Quedo sen saber a diferenza entre as formas alfa e beta. Como se distinguen? Iso é do que trata o artigo, pero non se explica. Dise na última frase que depende da posición dos OH do carbono anomérico, pero cal é esa posición no alfa e no beta? Ademais é unha posición en relación cos outros grupos da molécula, xa que grosso modo é unha especie de isomería cis trans en relación a un plano.
  • O de "ión" oxhidrilo a que se refire? Para min o ión oxhidrilo é o OH-, que se forma, por exemplo, cando se disocia a auga ou unha base como o NaOH. Os monosacáridos o que teñen son grupos OH unidos ao resto da molécula e non ionizados (tamén chamados hidroxilos). Se un deses grupos OH unidos perde o H (pode suceder en certos casos) formaríase o grupo O- unido ao azucre.
  • Tamén se afirma que unha unión hemiacetálica é a unión dun aldehido "ou cetona" cun alcohol. En realidade, cando se une un aldehido e un grupo alcohólico fórmase un hemiacetal, pero cado se une unha cetona e un alcohol fórmase un hemicetal (sen "a", é dicir, "cetal" e non "acetal" no caso das cetonas).

Miguelferig 17:54, 12 de setembro de 2011 (UTC)

Se observas eses erros ou inconcrecións no texto, só ti podes corrixilo, só ti te-los coñecementos suficientes para detectalos e emendalos. Eu, que algo entendo de bioquímica, non son capaz de comprender o que di o artigo, así que confío plenamente na validez dos cambios que creas necesarios. Por min, adiante coas correccións. Pedro --Lameiro (conversa) 18:29, 12 de setembro de 2011 (UTC)


Traballo rematado. Ampliei moito a páxina e integrei o que había nos distintos capítulos do texto, modificando as partes confusas. De todos modos, para entender algunhas partes do artigo sería conveniente que tiveramos na galipedia a páxina "Configuración absoluta", "convención de Cahn-Ingold-Prelog" ou "Estereoquímica", porque as configuracións R e S son básicas nunha definición rigorosa destes anómeros (de todos modos creo que co se di na introdución xa se farán unha idea a maioría dos usuarios de como distinguir os isómeros alfa e beta). A ver se alguén se anima a facer esas páxinas.

Miguelferig 19:43, 13 de setembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Anómero. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de outubro de 2019 ás 08:20 (UTC)[responder]