Conversa:Alzamento de Pascua

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Fixen unha revisión das dúas primeiras sub-seccións da sección O Alzamento, corrixindo erros ortográficos e algo de sintaxe. Cómpre revisar a puntuación (mesmo a que fixen eu, que non son tampouco un experto en puntuar) para ver se se poden acurtar un pouco os parágrafos. A sub-sección do Luns de Pascua a dividín en dúas partes (seguramente se podería dividir en tres, mais non tiven moito tempo) e lle fixen rápidamente unha pequena intro resumindo moito os feitos dese día (quizais estivera ben ampliar un pouco para que foran 2 ou 3 liñas e non 1). Propoño que a sección do Alzamento remate en Do martes ao Sábado (non lembro moi ben o título) e as sub-seccións de O Alzamento fóra de Dublín e Baixas pasen a ser dúas seccións independentes, xa que o Alzamento en si tivo lugar básicamente en Dublín e noutros lugares foron pequenas accións de maior ou menor importancia, o apartado de Baixas podería ir como sub-sección da sección Consecuencias (que tentarei seccionala e corrixila nestes días se podo). Non sei que opinades destas ideas, penso que poden estar ben, dende logo eu penso que o apartado de Baixas queda mellor dentro de Consecuencias. Un saúdo, Piquitoconversa.

Feito! Feito!. O Alzamento fóra de Dublín é sección aparte e incluín Baixas dentro de Consecuencias. Tamén repasei o texto e non achei grallas de gravidade. --Paradanta (Cóntame) 22:58, 18 de xullo de 2011 (UTC)

Posibles melloras do artigo[editar a fonte]

En relación á iniciativa dalgúns usuarios de levar o Alzamento de Pascua á categoría de calidade, fago aquí algúns apuntamentos que se me ocorren.

O tema é de interese universal (ollar ligazóns interlingüísticas).

O noso artigo procede principalmente dunha tradución e máis do 85% do contido actual segue a ter esa orixe. Iso non é impedimento para que chegue a ser artigo de calidade na Galipedia.

Dende a anterior proposta axustouse ó Libro de estilo. Fíxose unha primeira revisión da lingua. Engadíronse algúns apartados. E nesa liña poderíanse facer algunhas melloras.


" 2.5. O artigo non debería ser por completo unha tradución dun artigo doutra Wikipedia, por moi boa que sexa a tradución, senón que no posible debe incorporar información adicional, especialmente referida á relación entre o obxecto do artigo e Galicia e/ou o galego."
1.- Non se podería facer un apartado do tipo ==Influencia no nacionalismo galego== ou similar? Non o sei, pregunto.


2.- Voto en falta, tamén, algunha outra ligazón ós proxectos irmáns. Que tal á q:gl:Alzamento de Pascua con frases de personalidades sobre o tema?


3.- Ficheiro:Easter rising 1916.svg está en inglés e a maior parte del está ben así, pero hai cousas que se poderían traducir ó galego. Se alguén fai a tradución aquí, eu comprométome a facer o vectorial Ficheiro:Easter rising 1916-gl.svg OK

Nos casos que non sexa axeitado traducir simplemente poñer un guión "-" na columna galego.

Tradución
inglés galego
Easter Rising 1916 Alzamento de Pascua 1916
Troops from outside Dublin Tropas de fóra de Dublín
Kingsbridge Station Estación de Kingsbridge
Four Courts -
GPO Oficina Xeral de Correos (non sei se é axeitado traducilo)
Liberty Hall -
Custom House Alfándega (non sei se é axeitado traducilo)
South Dublin Union -
City Hall Concello
Dublin Castle Castelo de Dublín
Jacob's Factory Fábrica de Jacob
College of Surgeons -
Gunboat 'Helga' Cañoneiro 'Helga'
Trinity College -
Shelbourne Hotel Hotel Shelbourne
Stephen's Green -
Boland's Factory Fábrica de Boland
Northumberland Road Estrada de Northumberland
Troops from Kingstown Tropas de Kingstown
Volunteer strongpoints Puntos fortes dos Voluntarios, máis ou menos non sei como dicilo
British strongpoints Puntos fortes británicos, máis ou menos non sei como dicilo
4.- Por último o principal hándicap salta á vista. Contando por riba sáenme case un cento de ligazóns vermellas. Tamén é certo que o artigo ten moitísimas ligazóns azuis. Algunhas das primeiras poderían ir mudando de cor, especialmente as biografías, moitas delas con artigo nas wikis próximas como a catalá. --. HombreDHojalata.conversa 17:05, 13 de novembro de 2011 (UTC)
  • Tamén estes días estiven eu lendo por riba o artigo. Agradézolle e enormemente a HombreDHojalata os seus comentarios, non só por atinados senón porque en boa parte me quitou de ter que facelos eu. Verdadeiramente trátase dun artigo moi completo que con sobrado mérito foi artigo destacado. Pero para a calidade aínda non. Ora ben, se se solucionan os problemas que comenta HombreDHojalata, eu sería o primeiro en promocionalo para artigo de calidade. Saúdos e bo traballo! --Atobar (conversa comigo) 17:12, 13 de novembro de 2011 (UTC)
  • Completei a táboa proposta por HombreDHojalata como bóamente puiden, deixei moitas raias porque penso que os nomes das institucións non deberían mudar, penso tamén que Custom House debe quedar en inglés (é unha opinión). Outro tema que non sei se se debe traducir son os nomes de rúas e o de Kingsbridge Station (a verdade é que con elas podedes facer o que consideredes oportuno, non me parece un problema maior). No que se refire á GPO, a tradución é moi longa para a imaxe, habería que procurar unha abreviatura (eso xa como querades, non sei cómo pode quedar a tradución). No que se refire a posibles influencias no nacionalismo galego, a verdade é que non teño nin idea de se hai algunha influencia ou non, non son un entendido na materia, seguro que no proxecto hai usuarios que saben moito máis da historia e as influencias do nacionalismo galego, mais eu sinto non poder axudar nese sentido, haberá que consultar aos usuarios máis expertos. Un saúdo, Piquitoconversa

Ben, imos por partes. O tema das ligazóns vermellas xa o comentei na páxina de conversa de Piquito: É algo que haberá que ir facendo, mellor entre varios. Sobre a galeguización do artigo paréceme algo forzada. Nunca poderá ser artigo de calidade un artigo que non teña absolutamente nada que ver con Galiza? Eu que sei, Australopithecus africanus, por exemplo. Paréceme un pouco galicéntrico de máis. Sobre o tema das ligazóns a outros proxectos irmáns, procurando en Ramón Piñeiro non lle atopo ningunha e é artigo de calidade. O do mapa si que é preciso. As cousas que se poidan traducir deberán ser traducidas, agás, obviamente, os topónimos. Dito todo isto, agradézolle a HombreDHojalata o traballo que fixo propoñendo esas melloras, así como a idea de centralizar o debate nesta páxina de conversa, que me parece xenial. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 22:30, 13 de novembro de 2011 (UTC)

O da ligazón ás Galicitas non é obrigatorio, claro que non. É unha suxestión de mellora. Mellorando algunhas cousas pódese, dalgún xeito, compensar outras nas que o artigo ande máis frouxo. De paso activamos outros proxectos que andan medio abandonados e calquera día nolos pechan.--. HombreDHojalata.conversa 22:37, 13 de novembro de 2011 (UTC)
Por certo, non viría mal un q:Ramón Piñeiro ;-) --. HombreDHojalata.conversa 22:44, 13 de novembro de 2011 (UTC)
Piquito, penso que o de alfándega por Custom House é unha tradución que si que procede. O de Oficina Xeral de Correos pode quedar simplemente en "Correos", se é demasiado longa para a imaxe.
Xa sei que o das Galicitas non é obrigatorio. Por non selo, tampouco o é o de desfacerse das ligazóns vermellas (Wikipedia:O que é un artigo de calidade), senón que non deixa de ser unha teima persoal de Atobar, por moito que poidamos concordar os demáis.--Paradanta (Cóntame) 22:49, 13 de novembro de 2011 (UTC)

Suprimín a ligazón interna de Eoin Neeson, xa que non hai artigo sobre este historiador noutra wiki e non hai biografías sobre el en internet, agás esta, pero dime que o servidor non foi atopado cando quero entrar. Por iso, perante a falta de información, penso que é mellor retirala. --Paradanta (Cóntame) 21:24, 15 de novembro de 2011 (UTC) -

Sobre a tradución de strongpoint, por se serve de axuda, atopei esta definición: strongpoint: "punto de resistencia, punto de apoio, forte, posto fortificado". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:58, 16 de novembro de 2011 (UTC)

E se poñemos simplemente tropas británicas e voluntarios irlandeses? --Paradanta (Cóntame) 12:04, 16 de novembro de 2011 (UTC)
Paréceme moito simplificar, non vira que xa está feita a versión en galego do ficheiro, a min convénceme o de "Punto forte dos voluntarios" e "Punto forte británico"... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:51, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Revisión de títulos de artigos relacionados[editar a fonte]

Sempre me fago un lío co nome dos artigos de cousas noutros idiomas, e non sei se neste caso pasará algo parecido. Vexo artigos coma Irmandade Republicana Irlandesa ou Exército Cidadán Irlandés que teñen o nome traducido pero ó mesmo tempo vexo outros artigos coma Cumann na mBan, Fianna Éireann e Dublin Metropolitan Police que non o están. ¿Alguén que controle diso podería revisar se os nomes deses artigos están todos ben?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:02, 18 de novembro de 2011 (UTC)

Non entendo exactamente a que te refires. Se te refires a que se as traducións son correctas, si que o son. Os dous artigos cos nomes traducidos que mencionas escribinos eu e o meu nivel de inglés, aínda que non é unha marabilla, si que me dá para garantir que a tradución é correcta. Se te refires a que debería haber unha homoxeneidade, creo que os artigos co nome orixinal en gaélico irlandés deben ficar co nome orixinal, dada que a tradución sempre será máis difícil, ademais de que nas outras wikis así aparecen. --Paradanta (Cóntame) 11:30, 18 de novembro de 2011 (UTC)
Non, non me refiro á tradución, só me refiro a se os títulos deses artigos deben estar todos no idioma orixinal ou todos traducidos ó galego, ou no caso de que sexa correcto, algúns co título en galego e outros no idioma orixinal... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:48, 18 de novembro de 2011 (UTC)
Eu persoalmente prefiro os nomes orixinais sexa cal sexa a lingua, é algo persoal e non sei se a galipedia ten algunha política ao respecto, eu o estou a facer coas orquestras (Berliner Philharmoniker por exemplo no canto de Filharmónica de Berlín, Academy of St. Martin in the Fields, etc), poñendo a tradución no propio artigo e creando redireccións dende a tradución en galego ou mesmo en inglés (Royal Concertgebouw Orchestra por exemplo) se a xente as coñece por esa denominación, pero é unha cuestión persoal, se non hai nada estipulado é o que hai. En todo caso é o que fago eu, non quero dicir que sexa o correcto ou pense que deba ser así. Unha aperta, Piquitoconversa 23:02, 18 de novembro do 2011

Brigada Irlandesa (I Guerra Mundial)[editar a fonte]

Coido que esta ligazón interna é prescindible. Excesivamente concreta, tería sentido na wiki gaélica ou mesmo na inglesa, que é na única wiki na que exite (en: Irish Brigade (World War I), pero na nosa vai quedar coxa. Se ninguén se opón, suprimireina. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 08:47, 22 de novembro de 2011 (UTC)

Eu non son de quitar ligazóns internas, penso que poden axudar a quen lea un artigo a comprendelo mellor. No caso da Brigada Irlandesa (I Guerra Mundial) está tamén o "proxecto" (se ben aínda creo que non o hai) de artigos sobre o conflito bélico, depende do completos que queramos que sexan os artigos. Pode que esta ligazón sexa prescindible por non ter un papel importante na IGM, mais penso que pode axudar neste artigo. Espero terme explicado ben, un saúdo, Piquitoconversa 10:55, 22 de novembro do 2011
As ligazóns internas deben ser as xustas, nin máis nin menos. O exceso delas ou aquelas que dirixen a artigos superfluos ou sen relevancia de cara ao artigo principal molestan máis que axudan. Deben permanecer as imprescindibles. Por exemplo, acabo de retirar unha a Wolf von Igel, cuxo único papel foi o de ser secretario na Embaixada alemá en Washington en 1914. Penso que é un caso claro de artigo superfluo e, xa que logo, de ligazón interna innecesaria. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 13:31, 22 de novembro de 2011 (UTC)

Nomes gaélicos e traducións[editar a fonte]

Boas, estou a revisar un pouco o artigo e teño dúbidas de cómo se deben poñer os nomes das asociacións, grupos, etc en gaélico que aparecen no artigo. A miña idea era unificar o formato ó longo do artigo pero non sei que será o máis axeitado. O que se me ocorre é por tódolos nomes en gaélico, nos que o idioma orixinal fose ese os outros serían en inglés, poñendo a tradución ó galego (e únicamente ó galego xa que varios teñen tamén a tradución ó inglés que penso que no noso caso pode ser prescindible) só na primeira aparición do nome e logo no resto do texto deixar o nome no idioma orixinal. Que vos parece a idea?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:33, 8 de abril de 2012 (UTC)

Adiante! --Piquito (conversa) 07:17, 12 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Alzamento de Pascua. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 03:44 (UTC)[responder]