Conversa:Alcoholismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Haches[editar a fonte]

Non me parece coherente que nun artigo titulado alcoholismo (nótese o h) se utilice logo no texto a forma alcol (nótese a ausencia do h). Si, xa sei que as dúas formas están aceptadas nas normas, por iso non digo que sexa incorrecto: só incoherente. Máis: a entrada alcol remite a alcohol (con h), o que parece entender que se prefire con h. E máis: existe unha categoría Bebidas alcohólicas (volta o h) que abona a mesma idea. Non me atrevo a corrixi-lo texto para non ferir susceptibilidades, pero suxiro ó autor que o faga. Pedro --Lameiro 14:31, 14 setembro 2007 (UTC)

Tes razón, foi erro meu, pero creo que xa está arranxado. Grazas polo aviso. --MVF 14:54, 14 setembro 2007 (UTC)