Conversa:Abegondo, Abegondo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Acabo de engadir o modelo de parroquia e os datos do INE [1], e non sei se no texto do artigo sería mellor actualizalos ou engadirlle no texto os datos do 2006 a maiores (para diferenciar entre homes e mulleres), o erro que hai é que no artigo se fala de 16 entidades de poboación e son 23. Que facemos?,e que ao mellor nese ano o nomenclátor non diferenciaba as 23 entidades que diferencia agora, por iso non lle toquei. Só puxen o dato correcto a día de hoxe no modelo de parroquia. Alma (fálame eiquí) 15:50, 11 decembro 2007 (UTC)

Penso que en xeral hai diferencias entre o número de entidades de poboación e número de lugares de cada parroquia. Quero dicir, dáme a impresión de que no nomenclátor da Xunta recóllense nomes de lugares, que non teñen por que ser necesariamente entidades de poboación. No nomenclátor do INE ou no do IGE, (entrando en [2] e facendo clic en Nomenclátor e despois en "Árbore de clasificación xerárquica" vese na árbore cales son os nomes desas 16 entidades de poboación coa súa respectiva poboación dividida por sexos. Vou buscar o decreto no que saíu a toponimia oficial da Coruña, a ver se alí aclara algo.--Caronium 16:59, 11 decembro 2007 (UTC)
  • Mirei o caso que coñezo (Osmo) e nese caso a fonte do IGE só da como entidades de poboación os tres lugares que teñen poboación hoxe en día pero non aqueles lugares que existen e nos que hai casas pero que non están habitados. A ver o que descobres ti, pero penso que pode ter que ver con iso. Saúdos e excelente traballo. Alma (fálame eiquí) 17:10, 11 decembro 2007 (UTC)
O decreto de toponimia da Coruña di que o nomenclátor recolle as entidades de poboación da provincia. Ou sexa que tes razón, seguramente esas 16 entidades sexan as realmente habitadas.--Caronium 17:24, 11 decembro 2007 (UTC)

Entón que che parece no texto do artigo poñer "23 entidades das cales están efectivamente poboadas 16" e así co resto? E unha nota aos datos do IGE. Alma (fálame eiquí) 17:31, 11 decembro 2007 (UTC)

Paréceme moi boa idea. Bo traballo! --Caronium 17:32, 11 decembro 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Abegondo, Abegondo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 23:03 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Abegondo, Abegondo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 04:51 (UTC)[responder]