Conversa:Orcadas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Órcadas»)

Título do artigo[editar a fonte]

A diciopedia da "Orcadas" (sen til). --Norrin (Fálame) 11 de abril de 2014 ás 08:03 (UTC)[responder]

Xabier, ti creaches o artigo, cando teñas un momento podes indicar as referencias para o título? Eu revisarei no Dicionario de dúbidas a ver se aparece e xa vos conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2016 ás 09:21 (UTC)[responder]

Ola, non, lembro isto de hai milleiros de anos. Daquela non había referencias ningunhas e optei pola acentuación similar á do inglés, que ademais é a forma do portugués (criterio xeral das Normas). O español é diverxente do resto neste caso. Non sei como de fiable pode ser a diciopedia neste caso tampouco ou se simplemente copipegan do español. Ao final, eles tampouco son fonte primaria. É todo o que podo engadir. --Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de novembro de 2016 ás 09:39 (UTC)[responder]

Vale, pois a ver se atopo algo no Dicionario de Dúbidas pola noitiña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2016 ás 09:50 (UTC)[responder]
Ben, este é un caso que, logo de pensalo todo o día, me fai chorar. Non porque fose eu quen no seu momento "inventase" Órcadas, senón porque vexo como o desleixo ou a preguiza que (intúo, non teño probas) levaron os redactores desas enciclopedias a facer a entrada por Orcadas, como en español, e non por Órcadas, como nas demais linguas, se abre paso. Pero, eh, así son as cousas (e así deben ser). O que teño que facer é escribir unha novela, ambientala nas Órcadas, gañar o premio Xerais, e despois editar como anónimo este artigo :) (isto último é broma). :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de novembro de 2016 ás 22:29 (UTC)[responder]
Pois xa amañou HombreDHojalata o título, e aínda se pode engadir unha referencia máis para Orcadas xa que aparece tamén así no Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega (2004)... Que queres que che diga Xabier, eu disto non sei nin papa pero... están por todos lados!!! ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 10:32 (UTC)[responder]
Eu creo que é un erro claro, pero nós aquí temos que facer o que temos que facer :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 8 de novembro de 2016 ás 10:33 (UTC)[responder]
Quero dicir, erro doutros, non noso. O único na Galipedia que errou naquela altura fun eu. --Xabier Cid Talk 2 me, please 8 de novembro de 2016 ás 10:35 (UTC)[responder]
Si claro, non nos queda outra, o único que podemos facer é esperar a que cambien as cousas e actulizalas ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 12:33 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Orcadas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 21:24 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2019 ás 03:34 (UTC)[responder]