Conversa:Éire

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

"Aínda que o Artigo 8 estableceu que o irlandés era a lingua nacional e a primeira lingua oficial, Éire desapareceu, en certa medida, das conversacións cotiás e da literatura, e o estado denomínase Irlanda ou o seu equivalente noutras linguas". Que quere dicir ese texto: en irlandés non desapareceu das conversas cotiás e o Estado segue a ser Éire nesa lingua e nas disposición oficiais que se publican en irlandés, nin moito menos da literatura; agás que se considere que só o que apareza en inglés ten importancia.--HacheDous=0 (conversa) 18 de febreiro de 2022 ás 16:07 (UTC)[responder]

Tes razón en que está un pouco confuso; o que eu entendo, non sei se o interpreto ben, é que pretendían que ese fose o nome oficial, en liña co que uns anos despois estableceu a ONU [ https://en.wikipedia.org/wiki/United_Nations_Group_of_Experts_on_Geographical_Names ] sendo a tendencia a recuperar os topónimos na lingua orixinal; dese xeito Côte d'Ivory pasou a ser o exónimo usado en varias linguas, ou Beijing comezou a ser mais empregado que Pekin. No caso de Eire/Éire, en inglés seguiu a chamarse Ireland e desa raíz derivan os exónimos na maioría de linguas.
Aínda non puxen que é texto traducido doutras wikis, maiormente do artigo en castelán, sempre indico nas conversas de que artigos uso textos traducidos, pero ás veces vou traducindo á vez varios relacionados (agora acabo de publicar Ériu ) e fado despois varios xuntos. Gasparoff (conversa) 18 de febreiro de 2022 ás 16:41 (UTC)[responder]
Digamos que en Irlanda o irlandés pasou a ser unha lingua residual, mesmo no plano oficial, e houbo desleixo no uso da forma irlandesa dende as institucións irlandesas o que favoreceu a progresiva desaparición da forma Éire nos textos en inglés e paralelamente o estado catastrófico da lingua irlandesa (tamén, en parte, polo desleixo do Estado) deixouna como unha lingua morta en gran parte de Irlanda, sen manter sequera un valor simbólico (que tiña antes da independencia) en gran parte da poboación (o típico: que máis dá falar unha ou outra; as linguas son para se comunicar, que xa sabemos o que favorece) e neste contexto Éire deixou de ter valor simbólico ningún como para se utilizar nas conversas diaria da maioría da poboación en inglés. Repárese na diferenza co caso de País Vasco/Euskadi/Euskal Herria/Vascongadas onde a utilización dun termo ou outro ten connotacións ben diferentes.--HacheDous=0 (conversa) 18 de febreiro de 2022 ás 17:07 (UTC)[responder]