Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
o logo das Nacións Unidas é un mapamundi rodeado dunha coroa de loureiro
Logo das Nacións Unidas

A Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade (CDPD) é un instrumento internacional de dereitos humanos das Nacións Unidas ou Dereito internacional dos dereitos humanos destinado a protexer os dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade. Os países asinantes teñen a obriga de promover, protexer e garantir o pleno goce dos dereitos humanos das persoas con discapacidade e garantir a plena igualdade ante a lei.

O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 13 de decembro de 2006 na súa Sede en Nova York, e abriuse para a sinatura o 30 de marzo de 2007.[1] Tras a súa aprobación pola Asemblea Xeral, a Convención foi aberta aos 192 estados Membros para a súa ratificación e aplicación. A Convención entraba en vigor cando fose ratificada por 20 países, o que sucedeu o 3 de maio de 2008.[2] Conta con 164 signatarios, 94 signatarios do Protocolo Facultativo, 185 ratificacións da Convención e 100 ratificacións do Protocolo. Trátase do primeiro instrumento amplo de dereitos humanos do século XXI e a primeira convención de dereitos humanos que se abre á sinatura das organizacións rexionais de integración.[1] Sinala un “cambio paradigmático” das actitudes e enfoques respecto das persoas con discapacidade.[1] A Convención está supervisada polo Comité de Expertos da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade.[1]

Xénese[editar | editar a fonte]

Mapamundi cos países asinantes e ratificantes do tratado
Estados Partes e asinantes do Pacto:      Asinado e ratificado     Asinado mais non ratificado     Nin asinado nin ratificado

Esta non foi a primeira vez que se expuxo a necesidade que a Organización de Nacións Unidas aprobase unha convención internacional en materia de dereitos humanos para as persoas con discapacidade.[3] Desde as iniciativas innovadoras do decenio de 1980, foi proclamado oficialmente polo "Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992)" en 1987 unha reunión mundial experta para examinar os progresos recomendou que a Asemblea Xeral de Nacións Unidas debería redactar unha convención internacional para eliminar todas as formas de discriminación contra as persoas con discapacidade.[4] Unhas "Normas Uniformes sobre a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade" foron aprobados pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1993 con carácter non obrigatorio. No 2000, as principais organizacións non gobernamentais internacionais no campo da discapacidade (Rehabilitación Internacional, Organización Mundial de Persoas con Discapacidade, Unión Mundial de Cegos e Federación Mundial de Xordos) reuníronse en Pequín, China. Elaboraron a Declaración de Beijing, na que lle pediron aos gobernos apoio para a convención internacional. En 2001, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas apoiou unha proposta do goberno de México e nomeou un Comité específico para considerar as propostas para a elaboración dunha Convención Ampla e Integral para Promover e Protexer os Dereitos e a Dignidade das Persoas con Discapacidade, baseada nun enfoque holístico.[3]

Estrutura e articulado[editar | editar a fonte]

A Convención segue a tradición de dereito civil. Componse dun preámbulo e 50 artigos, que recollen dereitos de carácter civil, político, social, económico e cultural. A diferenza de moitos pactos e convencións das Nacións Unidas, non está formalmente dividida en partes, mais poden identificarse:

Xeneralidades[editar | editar a fonte]

Dereitos e liberdades[editar | editar a fonte]

Áreas de aplicación[editar | editar a fonte]

Aplicación da convención e informes[editar | editar a fonte]

  • Artigo 31: Recompilación de datos e estatísticas
  • Artigo 32: Cooperación internacional
  • Artigo 33: Aplicación e seguimento nacionais
  • Artigo 34: Comité sobre os dereitos das persoas con discapacidade
  • Artigo 35: Informes presentados polos Estados Partes
  • Artigo 36: Consideración dos informes
  • Artigo 37: Cooperación entre os Estados Partes e o Comité
  • Artigo 38: Relación do Comité con outros órganos
  • Artigo 39: Informe do Comité

Ratificación da convención[editar | editar a fonte]

  • Artigo 40: Conferencia dos Estados Partes
  • Artigo 41: Depositario
  • Artigo 42: Sinatura
  • Artigo 43: Consentimento en obrigarse
  • Artigo 44: Organizacións rexionais de integración
  • Artigo 45: Entrada en vigor
  • Artigo 46: Reservas
  • Artigo 47: Emendas
  • Artigo 48: Denuncia
  • Artigo 49: Formato accesíbel
  • Artigo 50: Textos auténticos

Disposicións básicas[editar | editar a fonte]

Principios reitores da Convención[editar | editar a fonte]

Como se define no obxectivo da convención:

O propósito desta Convención é promover, protexer e asegurar o goce pleno e en condicións de igualdade de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais por todas as persoas con discapacidade e promover o respecto da súa dignidade inherente.

A Convención e cada un dos seus artigos baséanse en oito principios reitores:[1]

  1. O respecto da dignidade inherente, a autonomía individual, incluída a liberdade de tomar as propias decisións e a independencia das persoas;
  2. A non discriminación;
  3. A participación e inclusión plenas e efectivas na sociedade;
  4. O respecto pola diferenza e a aceptación das persoas con discapacidade como parte da diversidade e a condición humanas;
  5. A igualdade de oportunidades;
  6. A accesibilidade;
  7. A igualdade entre o home e a muller;
  8. O respecto á evolución das facultades dos nenos e das nenas con discapacidade e do seu dereito a preservar a súa identidade.

Definición de discapacidade[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Discapacidade.

A convención adopta un modelo social de discapacidade, e entre eles defínese a discapacidade como

As persoas con discapacidade inclúen a aquelas que teñan deficiencias físicas, mentais, intelectuais ou sensoriais a longo prazo que, ao interactuar con diversas barreiras, poidan impedir a súa participación plena e efectiva na sociedade en igualdade de condicións coas demais.

Principio de "axustes razoábeis"[editar | editar a fonte]

Para os fins da presente Convención:

Por "axustes razoábeis", entenderanse as modificacións e adaptacións necesarias e adecuadas que non impoñan unha carga desproporcionada ou indebida, cando se requiren nun caso particular, para garantir as persoas con discapacidade, o goce ou exercicio, en igualdade de condicións cos demais, de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais.

Accesibilidade[editar | editar a fonte]

A Convención fai fincapé en que:

[...] as persoas con discapacidade poidan vivir en forma independente e participar plenamente en todos os aspectos da vida, os Estados Partes adoptarán medidas pertinentes para asegurar o acceso das persoas con discapacidade, en igualdade de condicións coas demais, ao contorno físico, o transporte, a información e as comunicacións, incluídos os sistemas e as tecnoloxías da información e as comunicacións, e a outros servizos e instalacións abertos ao público ou de uso público, tanto en zonas urbanas como rurais.

Os Estados Partes tamén adoptarán as medidas pertinentes para:

  • Desenvolver, promulgar e supervisar a aplicación de normas mínimas e directrices sobre a accesibilidade das instalacións e os servizos abertos ao público ou de uso público;
  • Asegurar que as entidades privadas que proporcionan instalacións e servizos abertos ao público ou de uso público teñan en conta todos os aspectos da súa accesibilidade para as persoas con discapacidade;
  • Ofrecer formación a todas as persoas involucradas nos problemas de accesibilidade a que se enfrontan as persoas con discapacidade;
  • Dotar os edificios e outras instalacións abertas ao público de sinalización en Braille e en formatos de fácil lectura e comprensión;
  • Ofrecer formas de asistencia humana ou animal e intermediarios, incluídos guías, lectores e intérpretes profesionais da lingua de sinais, para facilitar o acceso a edificios e outras instalacións abertas ao público;
  • Promover outras formas adecuadas de asistencia e apoio ás persoas con discapacidade para asegurar o seu acceso á información;
  • Promover o acceso das persoas con discapacidade aos novos sistemas e tecnoloxías da información e as comunicacións, incluída Internet;
  • Promover o deseño, o desenvolvemento, a produción e a distribución de sistemas e tecnoloxías da información e as comunicacións accesíbeis nunha etapa temperá, co fin de que estes sistemas e tecnoloxías sexan accesíbeis ao menor custo.

Situacións de risco e emerxencias humanitarias[editar | editar a fonte]

A Convención fai fincapé na axuda humanitaria:

Os Estados Partes adoptarán, en virtude das responsabilidades que lles corresponden de acordo co dereito internacional humanitario e o dereito internacional dos dereitos humanos, todas as medidas posíbeis para garantir a seguridade e a protección das persoas con discapacidade en situacións de risco, incluídas situacións de conflito armado, emerxencias humanitarias e desastres naturais.


Dereito á educación[editar | editar a fonte]

O Convenio estabelece que as persoas con discapacidade deben ter garantido o seu dereito á educación. Polo tanto, o artigo expón que:

Os Estados Partes recoñecen o dereito das persoas con discapacidade á educación. Con miras a facer efectivo este dereito sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, os Estados Partes asegurarán un sistema de educación inclusiva a todos os niveis así como o ensino ao longo da vida, [...]

Os Estados Partes deben velar por que:

  1. Os nenos e nenas con discapacidade non queden excluídos da Educación primaria gratuíta e obrigatoria nin da Educación secundaria;
  2. As persoas adultas con discapacidade teñan acceso xeral ao Ensino superior, á formación profesional, á Educación de persoas adultas e á aprendizaxe permanente;
  3. As persoas con discapacidade reciben o apoio necesario, dentro do sistema xeral de educación, para facilitar a súa formación efectiva; e
  4. As medidas de apoio personalizadas e efectivas ponse en práctica para aproveitar ao máximo o desenvolvemento académico e social.

Estímase que os Estados Partes deben adoptar medidas apropiadas, talles como:

  1. apoiar a aprendizaxe do braille, a escritura alternativa, os modos, medios e formatos aumentativos e alternativos de comunicación e habilidades de orientación e mobilidade;
  2. facilitar o apoio entre pares e a titoría;
  3. apoiar a aprendizaxe da Lingua de sinais e a promoción da identidade lingüística das persoas xordas;
  4. defender a educación das persoas, especialmente nenos e nenas, que son cegos e / ou xordos;
  5. dispor da maioría dos idiomas e medios de comunicación apropiados para cada individuo, e
  6. empregar mestres e mestras, incluídos persoas con discapacidade, que estean cualificados en lingua de signos ou braille e preparados para formar aos profesionais da educación e a concienciación do persoal sobre a discapacidade, o uso de modos e formatos de comunicación aumentativos e alternativos e técnicas educativas e materiais para apoiar ás persoas con discapacidade.

En palabras simples, recoñécese o dereito á educación inclusiva, a educarse nas mesmas escolas que o resto das persoas. Por iso os estados teñen a obriga de dar apoio para que as persoas con discapacidade poidan educarse en igualdade cos demais e garantir que accedan á educación superior e á aprendizaxe durante toda a vida.[1]

Dereito a vivir en forma independente[editar | editar a fonte]

O Convenio recoñece o dereito das persoas con discapacidade de elixir con quen e onde vivir. Por iso os estados teñen a obriga de dar todos os apoios necesarios para que as persoas con discapacidade poidan vivir como elixan e non sexan illadas. Este dereito está recoñecido no artigo 19 da Convención.

Dereito a formar unha familia[editar | editar a fonte]

O Convenio recoñece o dereito das persoas con discapacidade a formar unha familia, ter relacións sexuais, ter fillos, manter a súa capacidade reprodutiva, etc. Ningún neno ou nena pode ser separado dos seus pais e nais porque algún deles teña discapacidade. Recoñecido no artigo 23 da Convención.

Dereito ao traballo e ao emprego libre[editar | editar a fonte]

O Convenio recoñece o dereito das persoas con discapacidade ao emprego libre, a traballar no emprego que elixan. Prohibe a discriminación por motivos de discapacidade no emprego e obriga aos Estados a asegurar que as persoas con discapacidade reciban o mesmo salario e as mesmas condicións de traballo que as demais persoas.

Ademais destas obrigas, os estados deben fomentar o emprego das persoas con discapacidade, asegurar a súa formación laboral, empregar persoas con discapacidade, etc.

Dereito á saúde[editar | editar a fonte]

O convenio recoñece que as persoas con discapacidade teñen dereito ao goce do máis alto nivel alcanzábel de saúde sen discriminación por razón de discapacidade garantindo o acceso aos servizos sanitarios sensíbeis ao xénero, incluída a rehabilitación relacionada coa saúde con especial atención á calidade e estándar de atención, gratuidade, saúde sexual e reprodutiva, identificación e intervención temperá, prevención de novas discapacidades, servizos sanitarios próximos, consentimento libre e informado, normas éticas para a atención sanitaria pública e privada, etc.

Dereitos de participación[editar | editar a fonte]

A Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade recoñece que:

[...] a discapacidade é un concepto que evoluciona e que resulta da interacción entre as persoas con deficiencias e as barreiras debidas á actitude e ao contorno que evitan a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade de condicións coas demais, [...]

Tamén estabelece que:

[...] as persoas con discapacidade seguen encontrando barreiras para participar en igualdade de condicións coas demais na vida social [...]

A Convención entende a participación das persoas con discapacidade como un dos seus principios e sinala:

Os principios desta Convención serán: [...] A participación e inclusión plenas e efectivas na sociedade;

Dereito de voto[editar | editar a fonte]

O artigo sobre a participación na vida política e pública exixe que todos os estados contratantes estarán obrigados a regular:

A protección do dereito das persoas con discapacidade a emitir o seu voto en segredo en eleccións e referendos públicos [...]

Segundo esta disposición, cada estado contratante debería proporcionar os medios de votación que permita aos votantes con discapacidade que voten con independencia e en segredo. Algúns países asinantes como Estados Unidos, Países Baixos, Eslovenia, Albania e a India permiten aos votantes con discapacidade utilizar máquinas de votación electrónica. Noutros, entre eles Acerbaixán, Kosovo, Canadá, Ghana, Reino Unido, e a maioría de países africanos e asiáticos, os electores con discapacidade visual poden utilizar as papeletas en braille ou papeletas con padrón. Outros máis como España permiten a outra persoa emitir o voto para os votantes cegos ou con discapacidade. Acordos deste tipo, con todo, non cumpren coa Convención, xa que non garante voto secreto.[Cómpre referencia]

Outra condición que ese mesmo artigo exixe é asegurar que os Estados contratantes garantan que os procedementos, instalacións e materiais electorais sexan adecuados, accesíbeis e fáciles de entender e utilizar

A garantía de que os procedementos, instalacións e materiais electorais sexan adecuados, accesíbeis e fáciles de entender e utilizar;

Reservas e declaracións interpretativas[editar | editar a fonte]

Algunhas das partes formularon reservas e declaracións interpretativas á aplicación da Convención. Algúns estados que ratificaron a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade trataron de precisar a aplicación do tratado por medio de declaracións interpretativas ou de reservas. No parágrafo 1 d) do artigo 2 da Convención de Viena sobre o Dereito dos Tratados, defínese a "reserva" como "unha declaración unilateral, calquera que sexa o seu enunciado ou denominación, feita por un estado ao asinar, ratificar, aceptar ou aprobar un tratado ou ao adherirse a el, con obxecto de excluír ou modificar os efectos xurídicos de certas disposicións do tratado na súa aplicación a ese estado".[5] O artigo 46 da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade permite ás partes formular reservas sempre que non sexan "incompatíbeis co obxecto e o propósito da presente Convención".[6]

Até o momento, varios países formularon reservas á Convención e "declaracións" á mesma: Australia[7], O Salvador, Malta, Mauricio e Polonia.[6] Debe sinalarse que a terminoloxía elixida polos estados para cualificar ás súas comunicacións de "reservas" ou "declaracións" non ten efectos xurídicos; a natureza da excepción está determinada exclusivamente polo seu contido de conformidade co artigo 2 da Convención de Viena. No momento de redactar o presente informe, só a reserva formulada polo Salvador suscitara a obxección formal de Austria pola súa "redacción xeral e imprecisa".[6]

Os estados que consideren a posibilidade de formular reservas ou declaracións á mantenta da Convención deben ter en conta que os órganos de supervisión de tratados expresaron de maneira sistemática a opinión de que as reservas reducen o alcance da protección que brindan os tratados. Por iso é polo que devanditos órganos traten constantemente, por medio dos seus respectivos mecanismos, de restrinxir o alcance das reservas formuladas e de alentar a súa retiro polos Estados Partes. É de esperar que o Comité sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade tamén tratará a cuestión das reservas e as declaracións formuladas polos Estados Partes na Convención durante o exame periódico dos informes dos Estados Partes, previsto no artigo 35 da Convención.[6]

O Protocolo Facultativo[editar | editar a fonte]

O Protocolo Facultativo da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (OP-CRPD, polas súas siglas en inglés) é unha parte de acordo á Convención que permite ás partes a recoñecer a competencia do Comité sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade para examinar as denuncias de particulares. De feito, como mostra o artigo principal:

  1. Todo Estado Parte neste protocolo ("Estado Parte") recoñece a competencia do Comité sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade ("o Comité") para recibir e considerar as comunicacións presentadas por persoas ou grupos de persoas suxeitos á súa xurisdición que aleguen ser vítimas dunha violación por ese Estado Parte de calquera das disposicións da Convención, ou en nome desas persoas ou grupos de persoas.
  2. O Comité non recibirá ningunha comunicación que implique na Convención a un estado que non sexa parte deste protocolo.

O texto baséase en gran medida no Protocolo Facultativo da CEDAW de 1999.

O Convenio e o seu Protocolo Facultativo entraron en vigor o 3 de maio de 2008.[2] Na primeira Conferencia dos Estados Partes, os países que ratificaron o Convenio elixirán expertos independentes que constituirán o Comité para os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que recibirá informes periódicos dos Estados Partes acerca dos avances que se fagan para implementar o Convenio. Os Estados Partes terán de designar un punto central no goberno e crear un mecanismo nacional que promova a implementación do Convenio.[2] En decembro de 2008, ten 80 signatarios, 27 dos cales ratificaron. En 2022, xa son 185 os Estados Parte, 8 asinantes e 5 sen acción.[8]

Comité dos Dereitos das Persoas con Discapacidade[editar | editar a fonte]

O Comité dos Dereitos das Persoas con Discapacidade é un órgano de expertos en dereitos humanos encargados da vixilancia da aplicación da Convención, inicialmente integrada por 12 expertos independentes en dereitos humanos, coa metade elixidos por un mandato de dous anos e a metade elixidos por catro anos.[9] Polo tanto, como se indica:

Os Estados Partes presentarán ao Comité, por conduto do secretario xeral das Nacións Unidas, un informe exhaustivo sobre as medidas que adoptasen para cumprir as súas obrigas conforme esta Convención e sobre os progresos realizados ao respecto no prazo de dous anos contado a partir da entrada en vigor desta Convención no Estado Parte de que se trate.[9]

O Protocolo recoñece a competencia do Comité para recibir e considerar comunicacións de individuos que se achen baixo a xurisdición dese estado e que aleguen ser vítimas dunha violación, por ese Estado Parte, de calquera dos dereitos enunciados no Pacto. O Comité non recibirá ningunha comunicación que implique a un Estado Parte á Convención que non sexa parte no presente Protocolo. Posteriormente, os membros serán elixidos para un mandato de catro anos, coa metade dos membros elixidos cada dous anos. Cando a Convención logrou 80 ratificacións, a Comisión ampliouse a 18 membros.

Todos os Estados Partes están obrigados a presentar informes periódicos á Comisión esbozando as medidas lexislativas, xudiciais, políticas e demais medidas que adopten para aplicar os dereitos enunciados na Convención. O primeiro informe debe presentarse aos dous anos da ratificación da Convención; despois deberán presentarse informes cada catro anos. O Comité examinará cada informe e abordará as súas preocupacións e recomendacións ao Estado Parte en forma de "observacións finais".

O Comité reuniuse en Xenebra, e a súa primeira sesión levouse a cabo do 23 ao 27 de febreiro de 2009. Posteriormente, o Primeiro período de sesións da Conferencia dos Estados Partes na Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade celebrouse en Nova York o 31 de outubro e o 3 de novembro de 2008.

Membros electos do Comité de Dereitos das persoas con discapacidade[editar | editar a fonte]

Segundo informa o Comité, para o ano 2021, os membros que o integran son:[10]

Nome Nacionalidade Expiración do prazo
Rosa Idalia ALDANA SALGUERO Guatemala 31.12.2024
Soumia AMRANI Marrocos 31.12.2024
Danlami Umaru BASHARU Nixeria 31.12.2022
Gerel DONDOVDORJ Mongolia 31.12.2024
Vivian FERNÁNDEZ DE TORRIJOS Panamá 31.12.2024
Odelia FITOUSSI - Relatora Israel 31.12.2024
Mara Cristina GABRILLI Brasil 31.12.2022
Amalia GAMIO - Vicepresidenta México 31.12.2022
Samuel Njuguna KABUE Kenya 31.12.2024
Rosemary Kayess - Presidenta Australia 31.12.2022
Miyeon KIM - Vicepresidenta República de Corea 31.12.2022
Robert George MARTIN Nova Zelandia 31.12.2024
Floyd MORRIS Xamaica 31.12.2024
Gertrude OFORIWA FEFOAME Ghana 31.12.2022
Jonas RUSKUS  - Vicepresidente Lituania 31.12.2022
Markus SCHEFER Suíza 31.12.2022
Saowalak THONGKUAY Tailandia 31.12.2024
Risnawati UTAMI Indonesia 31.12.2022

Interpretacións á Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade sobre o aborto[editar | editar a fonte]

Con respecto ao problema de aborto e discapacidade, segundo o Comité dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, abortar a unha persoa en razón da súa discapacidade é unha grave forma de discriminación e unha violación do seu dereito á vida, tendo a linguaxe mesma (malformacións fetais graves) unha carga discriminatoria xa de seu.[11][12]

En 2017, o Comité dos Dereitos das Persoas con Discapacidade nunha carta dirixida ao Comité de Dereitos Humanos afirmou que: “Leis que permiten explicitamente o aborto con base en malformacións violan a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (arts. 4, 5 e 8). Aínda se a condición é considerada como fatal, a decisión está a tomarse en base á discapacidade. Ademais, con frecuencia non se pode determinar se unha condición é fatal. A experiencia mostra que os diagnósticos sobre condicións de discapacidade son falsos frecuentemente. E aínda se non é falso, o diagnóstico perpetúa nocións estereotipantes de discapacidade incompatíbeis cunha boa vida”. O Comité formulou recomendacións nesta materia a países como España, Austria, Hungría e Gran Bretaña.[11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 ONU (2006). "Convenção da ONU sobre os Direitos das Pessoas com Deficiência". www.un.org (en portugués). UN. Consultado o 2022-12-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "El Convenio ya Está en Vigor. ¿Qué sigue?". studylib.es (en castelán). Consultado o 2022-12-25. 
  3. 3,0 3,1 "Una Convención de Naciones Unidas sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad: Los siguientes pasos". web.archive.org (en castelán). 2008-08-27. Archived from the original on 27 de agosto de 2008. Consultado o 2022-12-25. 
  4. "Ejecución del Programa de Acción Mundial para los Impedidos" (PDF). www.un.org/es/observances/ (en castelán). Consultado o 25/12/2022. 
  5. "Convenção de Viena sobre o Direito dos Tratados - Wikisource". pt.wikisource.org (en portugués). Consultado o 2022-12-26. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "I Trámites legales para la ratificación: C. Reservas y declaraciones interpretativas" (PDF). www2.ohchr.org/ (en castelán). Consultado o 25/12/2022. 
  7. "United Nations Convention on the Rights of Persons with Disabilities (New York, 13 December 2006) - National Interest Analysis [2008] ATNIA 18". www.austlii.edu.au (en inglés). Consultado o 2022-12-26. 
  8. "Panel interactivo do estado da ratificación (OHCHR Dashboard)". indicators.ohchr.org (en inglés). Consultado o 2022-12-27. 
  9. 9,0 9,1 Comité sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos das Nacións Unidas. (en castelán) Consultado:26-12-2022.
  10. "OHCHR | Membership of the Committee". Consultado o 2021-07-21. 
  11. 11,0 11,1 Lafferriere, Jorge Nicolás (10 de abril de 2018). "Lafferriere: Exposición sobre aborto libre y eliminación sistemática de personas con discapacidad" (en castelán). Centro de Bioética, Persona y Familia. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2018. Consultado o 11 de abril de 2018. 
  12. 12,0 12,1 Committee on the Rights of Persons with Disabilities (2017). "Comments on the draft General Comment No36 of the Human Rights Committee on article 6 of the International Covenant on Civil and Political Rights" (en inglés). Oficina del Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Derechos Humanos. Consultado o 11 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]