Conurbación da Illa de Taiwan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ximending de noite.

A Conurbación da Illa de Taiwan é un continuo urbano que, de norte a sur, dende Taipei ata Kaohsiung, exténdese por toda a metade oeste da illa de Taiwan, e suma o 95 % da poboación do país, cunha das densidades máis altas do mundo (vinte e dous millóns de habitantes en pouco máis da extensión de Galicia).

Aproveita para iso a disposición xeográfica da illa, cun grande espiñazo montañoso que ocupa toda a metade oriental facendo residual o poboamento nesa parte. Desta maneira, practicamento todo o crecemento urbano producido polo fluxo continuo de inmigrantes dende o continente (sobre de todo da provincia de Fujian, ao outro lado do estreito de Taiwan), foi colmatando os intersticios entre as grandes cidades na chaira costeira occidental, converténdoa nunha rexión urbanizada densamente poboada froito da conurbación dun continuo de áreas metropolitanas. Serían, empezando polo norte, a área de Taipei, a maior do país, que se estende ata Hsinchu e Chunan; enlazaría co extremo norte da área metropolitana de Taichung que coa de Chiai máis ao sur constitúen o centro da megalópole; finalmente, no extremo meridional sitúase a conurbación de Kaohsiung-Tainan, o segundo conglomerado urbano do país tralo da capital.

A cidade principal é, obviamente, Taipei, pois é o centro de Taiwan en todos os aspectos excepto o xeográfico. Séguenlle en importancia as xa citadas Kaohsiung, Tainan e Taichung.

Megalópole de Taiwan (2001):

  • Taiwan(excepto faixa costeira oriental): 21 000 000
    • AM de Taipei: 9 800 000
    • AM de Taichung: 4 750 000
    • AM de Chiai: 1 100 000
    • C de Kaohsiung-Tainan: 5 230 000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]