Contedor televisivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un contedor televisivo é un programa de televisión de longa duración que contén outros programas ou microespazos (sketches). Creouse para evitar que os espectadores cambiasen de canle ó rematar un programa.

Os contedores máis habituais son os magazines, que mesturan faladoiro, informativo, publicidade, concursos ou consellos en programas de longa duración, divididos, segundo sexan matinais, de tarde ou noite (usualmente con máis presenza de elementos cómicos). Outro contedor frecuente é o programa infantil, que usa uns personaxes que fan de fío condutor entre diversas series (de debuxos animados ou con actores reais). Estes personaxes poden introducir espazos propios como concursos, explicacións de traballos manuais, xogos ou programas educativos.