Consuelo Vega
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de setembro de 1961 (63 anos) Bustiyé, España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Membro de | |
Consuelo Vega Díaz, nada en Bustiyé (Ayer) o 24 de setembro de 1961, é unha filóloga e escritora asturiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia de tradición mineira, quedou orfa de pai aos dous anos, trasladándose coa familia (a nai e un irmán máis vello) a vivir a Xixón. Estudou educación primaria no Orfanatu de Mineros Asturianos de Oviedo, e secundaria no instituto de Llugones. En 1985 licenciouse en Filoloxía Española pola Universidade de Oviedo.
Logo dun breve período como docente, dende 1987 traballa como filóloga na administración do Principado de Asturias, vinculada primeiro ao departamento de política lingüística e despois ao Institutu Adolfo Posada d'Alministración Pública. Entre 2003 e 2005 traballou no gabinete do Presidente Vicente Álvarez Areces, e en 2007, na terceira lexislatura de Areces como presidente, asumiu o cargo de Directora Xeral de Patrimonio Cultural e Política Lingüística. En 2008, coa entrada no goberno de Izquierda Xunida d'Asturies, Política Lingüística pasou a ser Secretaría Xeral de seu, cargo que ocupou até 2011. Baixo a súa xestión creouse como órgano oficial a unidade de tradución, proseguiuse o proceso de oficialización da toponimia asturiana e normalizáronse as relacións coa Academia de la Llingua Asturiana.[1] Na actualidade é responsable do desenvolvemento de propostas formativas para o persoal da administración pública.
Dende a militancia feminista publicou no xornal La Nueva España unha serie de artigos sobre o papel histórico da muller, recollidos en 1999 no volume Una mirada a la muyer na historia, traducido ao castelán en 2002. En 2002 publicou o ensaio Ortografía del asturianu nos sieglos XVIII y XIX, traballo de investigación que defendeu en 1993 dentro dos cursos de doutoramento na Universidade de Oviedo entre 1991 e 1993.
En 2007 presentou en Radio del Principado de Asturias o espazo de entrevistas Paraisu Natural, un dos primeiros programas da emisora pública asturiana.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casada co escritor Antón García, teñen unha filla e residen en Oviedo.
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Cera frío (premio María Josefa Canellada 1995). Serviciu de Publicaciones, 1995. Prólogo de Montserrat Garnacho.
- Más espeso que l'agua. Saltadera, 2014
Llibros colectivos
[editar | editar a fonte]- Muyeres que cuenten. Prólogo de Oliva Blanco. Trabe, 1995.
- Premios de relato corto Fundación Fernández Lema. Luarca, 2000-2002. Luarca, Fundación Fernández-Lema, 2003.
- Antología del cuento triste. Selección de José Luis Piquero. Ámbitu, 2003.
- Hestories pa cuntales (más nomes de muyer). Paquita Suárez Coalla. Trabe, 2017.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Christine Nöstlinger, Konrad o el nenu que vieno na lata conserves. Madrid, Alfaguara, 1990.
- Peter Handke, La muyer manzorda. Uviéu, Trabe, 1992.
- Bertolt Brecht, «Siete poemes». Sietestrellu, 3. Uviéu, 1997.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Del centru a la periferia. Ámbitu, 1994. (En colaboración con Antón García)
- Una mirada a la muyer na historia. Trabe, 1999.
- Una mirada a la mujer en la historia. Tradución da autora. Trabe, 2002
- Ortografía del asturianu nos sieglos XVIII y XIX. Trabe, 2002.
Edición
[editar | editar a fonte]- Nené Losada Rico, Cantares Valdesanos. Edición e prólogo de Consuelo Vega. Llibros del Pexe, 1992.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio de narracións María Josefa Canellada (1994)
- Premio de relato curto Fernández-Lema (2001)
- Premio Tertulia Malory ao mellor libro en asturiano (2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Inaugurada la nueva sede de la Academia de la Llingua en el monasterio de San Pelayo de Oviedo". El Comercio (en castelán). 28 de outubro de 2010.