Constanza de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Constanza de Castro
Nacemento1454
 Alfoz
Falecemento1485
 Cospeito
PaiPardo de Cela
editar datos en Wikidata ]
Interior da torre de Caldaloba, onde Constanza e o seu marido Fernán Ares de Saavedra resistiron un ano o cerco do castelán Diego López de Haro.

Constanza de Castro foi unha relevante aristócrata galega de finais do século XV.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla de Pedro Pardo de Cela e de Sabela de Castro, pertencente a unha das liñaxes máis importantes do reino de Galiza. Estaba casada con don Fernán Ares de Saavedra. Pardo de Cela, a súa filla Constanza e o seu marido apoiaban o bando de Xoana a Beltranexa contra os partidarios de Isabel de Castela. Houbo loitas entre os dous bandos. Pardo de Cela (que era Alcallde del ayuntamiento y su tierra y jurdiçon) foi feito prisioneiro no seu propio castelo da Frouxeira, por traizón dalgúns dos seus vasalos. A súa filla continuou a loita xunto co seu marido durante once meses desde o castelo de Caldaloba (San Martiño de Pino, Cospeito).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]