Constanza de Aragón e de Anjou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constanza de Aragón e de Anjou
Nacemento4 de abril de 1300
Lugar de nacementoValencia
Falecemento19 de outubro de 1327
Lugar de falecementoCastillo de Garcimuñoz
SoterradaCastillo de Garcimuñoz
NacionalidadeCoroa de Aragón
PaiXaime II de Aragón
NaiBranca de Anjou
CónxuxeDon Juan Manuel
FillosConstança Manuel
IrmánsAfonso IV de Aragão, Isabel de Aragão, Rainha da Germânia, Violante d'Aragona, Maria de Aragão, Pedro IV de Ribagorza, Blanca d'Aragó, Raimondo Berengario d'Aragona e Jaime de Aragão e Anjou
editar datos en Wikidata ]

Constanza de Aragón, nada en Valencia o 4 de abril de 1300 e finada no Castelo de Garcimuñoz o 19 de outubro de 1327, foi unha infanta de Aragón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a cuarta filla de Xaime o Xusto e Branca de Nápoles.[1] Por liña paterna era neta do conde-rei Pedro o Grande e de Constanza de Sicilia, e por liña materna de Carlos II de Nápoles e María de Hungría. Era a irmá máis nova do conde-rei Afonso o Benigno, así como dos condes Pedro IV de Ribagorza e Ramón Berenguer I de Empuries. O 5 de abril de 1312 casou en Xàtiva con Xoán Manuel de Castela, fillo do infante Xoán Manuel de Borgoña e Suabia. Desta unión naceron catro[2] fillos, a infante Constanza Manuel (~ 1320 - 1345) casada en 1325 co rei Afonso XI de Castela e en 1339 con Pedro I de Portugal; e a infanta Beatriz Manuel, morta moi nova.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gran Enciclopedia Aragonesa, ed. (2000). "Constanza de Aragón" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2019. 
  2. Museo Arqueológico José Maria Soler Villena (ed.). "Doña Constanza de Aragón: el triste destino de una mujer medieval" (en castelán).