Constantino Abelleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constantino Abelleira
Nacemento5 de novembro de 1901
Lugar de nacementoSan Fiz de Paz
Falecemento24 de xullo de 1966
Lugar de falecementoBecerril de la Sierra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e compositor
editar datos en Wikidata ]

Constantino Vázquez Abelleira, nado en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) o 5 de novembro de 1901 e finado en Becerril de la Sierra (Madrid) o 24 de xullo de 1966[1], foi un escritor e compositor galego. Usaba o pseudónimo de Veladoira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É autor dun libro con textos en prosa e en verso propios e alleos, titulado Cousas e contos de por aló, publicado en Madrid en 1936 que asinou co pseudónimo Veladoira. Despois publicou en castelán ¿Quién trajo la revolución? (1939) e Mi mujer se casó, o Las desdichas de un enamorado (1952). Tamén compuxo as obras musicais "Don Narciso" (chotis), "San Rafael" (pasodobre) e os tangos "Club San Carlos" e "Luces de colores".

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cousas e contos de por aló. Madrid, 1936. Editorial Graphia. Artigos de creación propia e escolma de autores galegos.
  • "¿Quien trajo la Revolución?", folleto sobre os días previos á guerra civil española publicado na imprenta de El Progreso de Lugo, 1937.
  • Las desdichas de un enamorado. Madrid, 1952. Gráficas Orbe.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]