Constante Liste Forján
Constante Liste Forján | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1900 |
Lugar de nacemento | Calo |
Falecemento | 3 de outubro de 1936 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | canteiro, sindicalista e político |
Irmáns | Enrique Líster e Faustino Liste Forján |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Constante Liste Forján, nado en Calo (Teo) o 30 de xaneiro de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1936, foi un canteiro, sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Canteiro de Teo, era irmán de Enrique e Faustino Liste. Foi fundador e presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo. Logo da vitoria de Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e Tenente Alcalde de Teo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no cárcere do Pazo de Raxoi, de onde o sacaron para ser asasinado. O seu cadáver non apareceu.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 2003 puxéronlle o seu nome ao Centro Socio-Cultural da Ramallosa.