Constance Lloyd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConstance Lloyd

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1859 Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte7 de abril de 1898 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Xénova Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCaída Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMonumental Cemetery of Staglieno (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , escritora de literatura infantil , crítica literaria , poeta , xornalista , editora literaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOscar Wilde Editar o valor em Wikidata
FillosCyril Holland (en) Traducir, Vyvyan Holland (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHorace Lloyd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Adelaide Barbara Atkinson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsOtho Holland Lloyd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJane Wilde (sogra)
Willie Wilde (esposo do irmão (pt) Traducir)
Dorothy Wilde (sobriña)
Otho Lloyd (pt) Traducir (sobrinho fraterno (pt) Traducir)
Arthur Cravan (sobrinho fraterno (pt) Traducir)
Merlin Holland (pt) Traducir (neto)
John Horatio Lloyd (en) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Lloyd-4909 Find a Grave: 10930027 Editar o valor em Wikidata

Constance Mary Wilde (de solteira Lloyd), nada en Londres o 2 de xaneiro de 1858 e finada en Xénova o 7 de abril de 1898, foi unha escritora irlandesa.

Primeiros anos de vida e matrimonio[editar | editar a fonte]

Constance co seu fillo Cyril en 1889

Foi filla de Horace Lloyd, un avogado anglo-irlandés, e de Adelaide Barbara Atkinson, quen casaron en 1855 en Dublín. Constance Lloyd naceu na casa dos pais en Harewood Square, Marylebone, Londres.[1] O rexistro dos nacementos non foi obrigatorio até 1875, polo que os pais non o fixeron.[2]

Casou co escritor Oscar Wilde en Saint James' Church (Paddington, Londres) o 29 de maio de 1884.[3] Tiveron dous fillos, Cyril (1885-1915) e Vyvyan (1886-1967).

En 1888 Constance Wilde publicou There Was Once, un libro baseado nos contos infantís que lle ouvía contar á súa avoa. Ela e o seu marido estiveron implicados no movemento vitoriano da modificación da vestimenta.[4]

Non se sabe con certeza en que momento se decatou Constance das relacións homosexuais do seu marido. En 1891 coñeceu a Lord Alfred Douglas, o amante deste, cando Wilde o trouxo de visita á casa. Nese tempo Wilde vivía máis en hoteis, como o Avondale Hotel, ca na casa familiar de Tite Street.[5] Despois de nacer o segundo fillo, Oscar e Constance practicamente deixaron de ter relacións sexuais.[6]

En 1894, Constance e Oscar atopábanse en Worthing. Ela comezou a reunir unha colección de epigramas deste ("Oscariana"). Tiña a intención de que fosen publicados por Arthur Humphreys, con quen tivera un amorío ese verán. Finalmente, dito libro foi publicado por el mesmo o ano seguinte.[7]

Segundo a autobiografía do seu fillo Vyvyan, publicada en 1954, el e mais o seu irmán tiveron unha infancia relativamente feliz e Wilde fora un pai agarimoso. Richard Ellman, na súa biografía de Wilde, recolle un intre en que este advertiu os seus fillos sobre os fillos desobedientes que facían chorar ás súas nais. Ante isto, eles preguntáronlle que sucedía cos pais ausentes que facían chorar ás súas nais. De todas as maneiras, ela e Wilde terminaron a súa relación en bos termos.[6]

Despois da condena e o encarceramento de Wilde pola súa condición de homosexual, Constance mudou o seu apelido e o dos seus fillos a Holland para desvinculárense daquel escándalo.[8] Nunca chegaron a divorciárense, mais Constance obrigou a Wilde a renunciar aos seus dereitos como pai. Mudouse cos fillos a Suíza e matriculounos nun internado inglés en Alemaña.

Constance visitou a Oscar en prisión para comunicarlle a noticia da morte da súa nai.[9] Tras saír en liberdade, Constance negouse a enviarlle diñeiro mentres seguise vencellado con Douglas, o seu amante.

Doenza e morte[editar | editar a fonte]

Constance morreu o 7 de abril de 1898, cinco días após unha cirurxía dirixida por Luigi Maria Bossi.[10] Segundo o xornal The Guardian, "as teorías [sobre a súa morte] ían desde unha lesión de medula debido a unha caída por unhas escaleiras até unha sífilis que lle puido contaxiar o seu marido".[11] O mesmo xornal tamén recolle que Merlin Holland, neto de Oscar Wilde, "descubríronse probas médicas a través de cartas familiares privadas, o cal permitiu que un doutor determinase a causa probábel do pasamento de Constance. As cartas mostran síntomas asociados actualmente cunha esclerose múltiple, mais, ao parecer, diagnosticada erroneamente polos seus dous doutores". Daquela, a esclerose múltiple era unha doenza pouco coñecida.

Constance consultou con dous médicos. Un deles era un "descarado doutor" de Heidelberg (Alemaña), quen recorreu a remedios de dubidosa efectividade. O segundo, Luigi Maria Bossi, levou a cabo dúas operacións para extirpar un mioma uterino en 1895 e 1898. Porén, Constance finou durante a última intervención.[12]

Durante a segunda operación, en abril de 1898, o doutor Bossi probabelmente "non realizou unha histerectomía, senón que se limitou a extirpar o tumor". Porén, cinco días despois, Constance sufriu uns vómitos incontrolábeis que lle causaron a morte por deshidratación. Pensouse en que a causa inmediata do falecemento foi un íleo severo, causado por mor da propia cirurxía ou por unha sepse intraabdominal.

Constance está sepultada en Xénova (Italia), no Cimitero monumentale di Staglieno.[13] Unha estatua de Constance núa e embarazada, situada en Merrion Square Park, Dublín, forma parte dun conxunto escultórico xunto con outra de Oscar Wilde.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Constance: the tragic and scandalous life of Mrs Oscar Wilde. p. 14. ISBN 9781848541627. 
  2. Anne Clark Amor, Mrs. Oscar Wilde, a Woman of Some Importance (London: Sidgwick & Jackson, 1983), p. 12
  3. Wilde's Women: How Oscar Wilde Was Shaped by the Women He Knew (en inglés). 2017-09-26. ISBN 9781468313260. 
  4. See Oscar Wilde On Dress, CSM Press, 2013.
  5. Constance: the tragic and scandalous life of Mrs Oscar Wilde. 2011. p. 1. ISBN 9781605983813. 
  6. 6,0 6,1 Oscar Wilde (1987) by Richard Ellman
  7. Edmonds, Antony. "Oscariana- New information". www.oscarwilde.org.uk (en inglés). Consultado o 2023-08-29. Oscariana was the title of a collection of epigrams from Wilde’s works that Constance Wilde was assembling during the Worthing holiday of 1894. 
  8. "The Lancet" (en inglés) 385. 2015-01-03: 21–22. ISSN 0140-6736. PMID 25592892. doi:10.1016/S0140-6736(14)62468-5. 
  9. Ellman, Richard. Oscar Wilde. New York: Vintage Books, 1988. pp. 497–98.
  10. "The Lancet" 385. 3 de xaneiro de 2015: 21–22. PMID 25592892. doi:10.1016/s0140-6736(14)62468-5. 
  11. Alberge, Dalya (2015-01-02). "Letters unravel mystery of the death of Oscar Wilde’s wife". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-08-29. 
  12. "The Lancet" 385. 3 de xaneiro de 2015: 21–22. PMID 25592892. doi:10.1016/s0140-6736(14)62468-5. 
  13. Oscar Wilde Biography—Poems

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Moyle, Franny (2011). Constance: the Tragic and Scandalous Life of Mrs Oscar Wilde. John Murray.