Constance Kamii
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1931 ![]() Xenebra, Suíza ![]() |
Educación | Universidade de Míchigan Pomona College ![]() |
Actividade | |
Ocupación | psicóloga ![]() |
![]() |
Conscance Kamii, nada en Xenebra o 14 de marzo de 1931, é unha pedagoga suíza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu no Xapón ata os 18 anos, e en 1955 emigrou aos Estados Unidos de América. Estudou socioloxía, Mestre en Educación e doutor en Educación e Psicoloxía na Universidade de Míchigan.
Foi colaboradora de Jean Piaget nos estudos relacionados coa psicoloxía xenética e teoría piagetiana. Actualmente Kamii é profesora da universidade de Alabama.
O programa de Costance Kamii e Retha Devries deseñado entre os anos 1977 e 1978, é un currículo da educación infantil derivado das ideas de Piaget. Kamii e Devries consideran que a educación infantil debe contribuír a crear persoas autónomas e creativas, para o que definen tres obxectivos socio-emocionais e dous obxectivos de carácter cognitivo para o alumnado da escola infantil. Os primeiros son:
Obxectivos socio-emocionais:
- Que se sinta seguro coas persoas maiores e sexa autónomo.
- Que respecte os sentimentos e dereitos dos demais.
- Que sexa independente.
Obxectivos cognitivos:
- Que propoña ideas, problemas e preguntas interesantes.
- Que relacionen as cousas e déanse conta das semellanzas e diferenzas entre eles.
Os contidos e recursos deste currículo proveñen de:
- A vida cotiá
- As actividades e recursos dos programas tradicionais tales como os xogos de construción, xogo simbólico, contos, coidado de animais, cultivo de plantas etc
- As actividades derivadas da teoría de Piaget.
Entre estas actividades están:
- Actividades para desenvolver o coñecemento físico, como poden ser xogos para empuxar, rodar, tirar, introducir obxectos na auga etc. Con estas actividades preténdese que os nenos observen o resultado das súas acción;
- Actividades para o desenvolvemento moral e a cooperación, como son os xogos, xa sexan non competitivos, competitivos ou grupais;
- Actividades para favorecer procesos de razoamento, partindo das probas piagetianas. Estas deben empregarse esporadicamente, por exemplo, copiar formas con escarvadentes ou exercicios de seriación.