Consolidated B-24 Liberator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consolidated B-24 Liberator
Consolidated Vultee B-24 Liberator USAF.JPG
B-24 Liberator
Tipobombardeiro pesado
FabricanteConsolidated Aircraft
Primeiro voo29 de decembro de 1939
Introducido1941
Retirado1968 (India)
Principais usuariosForzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos
Armada dos Estados Unidos
Royal Air Force
Real Forza Aérea de Australia
Unidades construídas18 188
VariantesConsolidated PB4Y-2 Privateer
Consolidated C-87 Liberator Express
Consolidated Liberator I

O Consolidated B-24 Liberator foi un bombardeiro pesado estadounidense usado durante a segunda guerra mundial. Comezou a deseñarse a principios do ano 1939 para ofrecer prestacións superiores ás do B-17, e realizou o seu primeiro voo o 29 de decembro dese ano. Foi o avión estadounidense máis fabricado durante a guerra, construíndose 18.482 exemplares en total.

A súa produción en masa chegou ao seu punto máis alto a partir de 1943 coa axuda da Ford Motor Company, ao comezar a fabricarse na súa nova fábrica de Willow Run, onde chegou a fabricarse un B-24 por hora e 650 por mes en 1944. Outras fábricas seguiríanlle pouco despois. Na actualidade continua sendo o avión militar estadounidense máis fabricado.

Adoita a ser comparado co máis coñecido Boeing B-17 Flying Fortress, pero o B-24 tiña un deseño máis moderno, máis veloz, cun maior alcance, e podía cargar máis bombas; porén, era máis difícil de pilotar e tiña unhas características de voo en formación máis pobres.